A Comic-Con volve a Moaña con quidditch, gaming e unha chea de actividades

Publicidad

Moaña xa agarda para viaxar a outra dimensión. Para converterse nun referente da banda deseñada cun dous seus eventos fetiche no ano. A Comic-Con afronta unha edición fundamental. Primeiro porque volve a ser presencial tras a irrupción da pandemia e, segundo, porque cambia de emprazamento para dar o primeiro paso para ser un evento aínda máis importante. A cita terá lugar dende o 13 ao 18 de xuño na Casa da Mocidade de Moaña.

A Comic-Con de Moaña está ante unha etapa chave. A realidade dos institutos cambiou con respecto á última edición do evento. É imposible xa facer unha experiencia que emanaba tanto dos centros educativos. Porén, agora decidiuse aproveitar os contactos e a experiencias das persoas que foron importantes nas anteriores edicións desta cita para organizar esta entrega na que o gran obxectivo da festa e que volva emanar “das peticións e necesidades dos clubs Manga dos institutos A Barxas e Paralaia”.

Esta edición da Comic-Con Moaña apostará por tres franxas horarias diferencias. Unha será de luns a venres polas mañás. Os centros educativos irán en quendas á Casa da Mocidade, permitindo que a maioría da rapazada moañesa poida pasarse neste horario. Durante esas dúas horas e dúas horas e media, todo o alumnado que pase terá as mesas actividades, podendo escoller entre obradoiro de cómic, xogar ao Quidditch no pavillón do Rosal ou xogar coas diferentes probabilidades gaming que haberá na Casa da Mocidade con material propio, así como outras opcións como o circuíto de pistolas nerf e diferentes posibilidades de adestramento.

A outra opción horaria será de luns a xoves pola tarde, de 17:00 a 21:00 horas. O acceso será libre para calquera persoa. A Casa da Mocidade de Moaña manterase coas mesmas actividades que pola mañá de xogo libre e realizaranse obradoiros de origami e magic.

A terceira oportunidade para gozar da Comic-Con será os venres 17 e o sábado 18 de 17:00 a 23:00 horas. O evento ampliará de contidos e de actividades para centrarse nestas dúas xornadas moita máis actividade e contidos. Un colofón por todo o alto. Ampliarase a zona gaming que ademais das consolas da Casa da Mocidade, haberá cinco ordenadores gaming, un PS5, dúas PS4 e dúas Nintendo Switch, ademais das consolas retro, outra Switch e unha Wii. Este espazo estará controlado pola asociación Gaming Troop.

A cita tamén permitirá divertirse con xogos de mesa e Magic en todas as xornadas, nun espazo xunto con diferentes mesas de tendas da comarca relacionadas co Manga e xogos, un emprazamento que estará coordenado pola Asociación Os Gardiáns de Moaña e Tempus Ludit. Na Sala Nerf, Os de Tempus Ludit coordinarán e controlarán este espazo de diversión en toda a xornada.

Por último, realizaranse obradoiros e presentacións do libro “Baixo o pantano” a cargo da autora moañesa Ángela Curro, haberá karaoke e varios xogos, así como o venres 17 unha formación de esgrima antiga a cargo da Asociación Cabaleiro Errante mentres que o sábado 18 poderase xogar ao Quidditch co equipo vigués Dinosaur’s Army. O Concello de Moaña sinala que haberá premio para todos os torneos que teñan lugar durante o venres e o sábado.

A presentación da Comic-Con Moaña tivo lugar na mañá deste xoves no Concello e contou coa presenza do concelleiro Daniel Costas, organizador do evento; coa tenente alcalde, Marta Freire; con Dolores Chapela; e con representantes dos institutos, dos clubes de Manga, coa asociación Tempus Ludit, coa Asociación Os Gardían e coa autora Ángela Curro e o debuxante e deseñador do cartaz David Amoedo, máis coñecido como Davida.

Salir de la versión móvil