Tui abrirá este venres o seu teatro para reflexionar sobre o noso camiño imparable cara a crise ecolóxica e medioambiental da man dun consumismo capitalista desaforado nunha vida chea de prisas e, tamén, de soidade. "O mel non caduca", a peza de Ibuprofeno Teatro mesturará retranca galega con doses de dura realidade para levarnos de novo ao teatro.
A cita comezará ás 21:30 horas dentro da programación do Outono Cultural de Tui. Ambientada nun universo de abellas e do mel nunha espectacular escenografía asinada por Diego Seixo, explora a relación do ser humano cos obxectos, a degradación ecolóxica do planeta, e a obsolescencia programada, tanto dos produtos coma das persoas.
Santiago Cortegoso é o autor e director desta peza teatral que combina dúas tramas unidas polo universo apícola. Dunha banda, dous científicos de 2173 levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos, nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado. Tratan de crear unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva na historia. Constrúen unha árbore no seu laboratorio para tratar de recuperar os ciclos naturais, que se perderon hai tempo.
Da outra, dous irmáns volven á casa familiar na aldea pola morte da súa nai. O conflito aflora cando deben xestionar as pertenzas familiares. O irmán máis vello opta por vendelo todo. A rapaza, máis nova, entra nunha crise vital porque se debate entre a súa acomodada vida nunha cidade afastada e a nostalxia que lle produce volver entrar en contacto cos obxectos e os recordos que marcan a súa historia vital.
As entradas para asistir á representación están xa á venda a través da web municipal a un prezo xeral de 8 euros e un reducido de 6 euros. Coas novas medidas que entraron en vigor o pasado sábado o aforo do teatro amplíase até o 85% é dicir, 470 butacas.
Nigrán presenta una nueva sesión de cine gratis con una apuesta por el 'western'. Siguen dando vida a los icónicos cines de A Ramallosa
El Concello de Tomiño abre la inscripción para la segunda edición de la Carrera San Silvestre. Estos son los detalles de la jornada
Redondela desplegará un sinfín de actividades por Navidad. Acaba de presentar su programa y esto es todo lo que ofrecerá
Tui acaba de presentar el programa del VIII Centenario de la Consagración de la Catedral de Santa María. Un sinfín de actividades para Galicia
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL