A Feira da Cabaza, unha gran festa en Tui arredor do símbolo de Samaín

Publicidad

A I Feira da Cabaza que dende comezos deste mes de outubro se está a celebrar nas parroquias de Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns chega na derradeira fin de semana do mes ao centro urbano. Así o sábado 30 e o domingo 31 o Paseo da Corredoira acollerá un amplo programa de actividades organizado polo Concello de Tui coa colaboración da Asociación Veciñal Monte do Seo de Areas, da Comunidade de Montes de Baldráns, da Asociación Sociocultural e deportiva a Insua de Caldelas, da Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, da Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Aloia de Pazos de Reis, da Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro, do Pancho Cultural de Randufe, da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns e do Club deportivo Andatui.

Así a Corredoira acollerá exposición e venda de cabazas pero tamén un amplo programa para todos os públicos. Os showcooking previstos dentro da iniciativa Eurochef de Eurural correrán a cargo dos chef Iván Méndez, Alejandro Iglesias, Miguel Rodríguez e Javier Freijeiro e do resposteiro Óscar Romero. Amais actuarán a Banda de Gaitas Arume de Malvas, Micalip’s, a Asociación Cultural xuvenil recreativa e deportiva San Telmo de Tui e o Grupo NoAllKansas. O domingo ás 10 h sairá da praza da Inmaculada a vista guiada por AndaTui para coñecer ás pozas e regadíos vinculados ao cultivo da cabaza. O domingo ás 17 h celebraranse talleres de decoración de cabazas e maquillaxe para nenos e maiores. Amais tanto o sábado coma o domingo, de 19 a 1h, o Cárcere Vello transformarase en “A caverna do terror”, cun espectáculo ambientando con efectos especiais, iluminación, son, ….e cheo de sorpresas para o público a partir de 8 anos.

Programación da Feira da Cabaza

Sábado 30 de outubro

Domingo 31 de outubro

Salir de la versión móvil