Os produtos de calidade, ecolóxicos e sustentables volven darse cita en Moaña grazas a unha nova edición da Feira ECOArtesá, que reunirá a máis de 50 postos o vindeiro domingo 7 de maio na contorna do Palco da Música.
Unha das citas referentes do sector volverá a manter a identidade que fixo desta Feira ECOArtesá de Moaña unha das máis importantes na provincia de Pontevedra. Esta nova entrega estará de novo dedicada aos produtos ecolóxicos de agricultura sustentable, ás artesanías e tamén ao coleccionismo e antigüidades. Un dos principais obxectivos desta mostra, que presentou a súa décimo quinta edición na tarde deste mércores, e darlle cabida á elaboración artesanal e as antigüidades entre esa oferta de espazos no que tamén haberá opcións para comer.
Os asistentes á Feira ECOArtesá de Moaña na xornada do 7 de maio poderán fozar dun clásico da gastronomía galega como o polbo. Ademais, tamén haberá unha crepería. Por outra banda, tamén haberá distintos postos de artesanía, xoiería e bixutería, cosmética natural, xabóns, queixos, zumes, mel, rosquillas, empanadas, panadería e repostería, roupa artesanal, bolsos, mochilas e complementos, madeira, coiro, xoguetes, libros ou vinilos. Toda esta oferta en máis de 50 postos que farán de Moaña a capital galega o 7 de maio da artesanía e os produtos de calidade e proximidade.
A Feira EcoArtesá de Moaña terá lugar dende ás 11:00 ata ás 21:00 horas. Pero, como xa é habitual neste evento, a mostra non consistirá só en amosar os produtos, senón que haberá unha extensa programación paralela para amenizar a xornada.
A primeira das accións programadas será ás 12:30 horas coa entrada na Feira do Grupo Folclórico Arco da Vella, nun desfile no que participarán arredor de 30 compoñentes.
O evento tamén permitirá desfrutar do espectáculo infantil "A Voar" de Cé Orquestra Pantasma (18:00) e poco despois chegará a quenda da innovadora proposta musical da banda de mariachis "Villamariachi" coa cantante Marietta, procedentes de Vilanova de Arousa (19:00).
Pero unha das grandes acción desta Feira EcoArtesá terá como destinatarios aos máis cativos. A organización permitirá, entre as 12:00 e as 14:00 horas, aos máis novos a posibilidade de participar na confección dos Maios. Neste obradoiro haberá monitores que axudarán ás nenas e nenos de diferentes idades a realizar, “in situ”, o Maio.
Por outra banda a Praza de Abastos estará aberta durante a xornada do 7 de maio para facilitar a labor dos postos de participantes e tamén para o público, que terá a súa disposición os aseos deste espazo.

La prueba será no competitiva y con inscripción gratuita, pero premiará a los que lleven los mejores disfraces de esta Navidad en Vigo
El festival PortAmérica desvela más artistas para su próxima edición. Hombres G es la gran novedad, pero hay muchas más como Marina Reche
Pasacalles, música en directo y muchas novedades en el encendido de la Navidad de Baiona. Así se transformará para ser el escenario más navideño
Nigrán presenta una nueva sesión de cine gratis con una apuesta por el 'western'. Siguen dando vida a los icónicos cines de A Ramallosa
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL