A gaiteira Susana Seivane tocará no Porriño en homenaxe a Rosalía de Castro

Publicidad

O próximo mércores 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro e, co fin de homenaxear a esta figura clave das letras e cultura galegas, en O Porriño levarase a cabo unha programación cultural específica que terá coma protagonistas a diferentes artistas do panorama musical galego.

A celebración en O Porriño do 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, impulsada polas concellerías de Normalización Lingüística e Cultura e en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, pretende "recordar a súa labor e facer que siga presente para as novas xeracións", explican dende o Concello.

O primeiro acto do programa do 23 de febreriro será un recital da reputada pianista Andrea García, no Círculo Recreativo Cultural de O Porriño (CRC) ás 19:00 horas. O prato forte chegará ás 20:30 horas co concerto da célebre gaiteira Suana Seivane na Praza Arquitecto Antonio Palacios ou no CRC no caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan a actuación ao aire libre.

Ademáis, tamén estarán presentes os versos de Rosalía na voz dun grupo de mulleres do municipio, "en representación do tecido social da vila". "Rosalía de Castro ensinou á sociedade da época, e á de hoxe en día, que as mulleres teñen voz e moito que dicir. Unha muller do século XIX que foi quen de marcar un punto de inflexión para o auxe do Rexurdimento, momento clave no eido literario e sobre todo, no político e no social", explican dende o Concello de O Porriño como a razón principal para que sexan mulleres as que puxeran voz aos versos da autora.

Desta maneira, farase unha lectura conxunta dun poema de Rosalía na que participarán Juana Pérez, presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Chus Barros do Club Ciclista SPOL, Chus Lemos e Beatriz Correa do Centro Cultural de Pontellas, Eva González do Club de Lectura do Porriño, Alicia Campos do Club Balonmán Porriño, Candela Carballas de Atrezo Teatro e a xornalista porriñesa, Icía Alcalde. O recital dos versos de Rosalía será en dúas quendas, unha en cada un dos concertos que conforman a programación.

Salir de la versión móvil