O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, retoma este mes de xuño o ciclo de Cinema de Muller, suspendido tras o inicio da crise provocada pola pandemia do COVID19. Esta actividade está enmarcada nas conmemoracións do Día Internacional da Muller 2020.
O Centro Cultural da Guarda será o escenario para as dúas proxeccións do programa de Cinema da Muller, os días 12 de xuño e 19 de xuño, todas as proxeccións contarán cunha charla coloquio previa ás 20:00 horas e posterior proxección ás 21:00 horas. O venres día 12 de xuño de 2020 proxectarase “As Lindas” de Melisa Liebenthal.
As Lindas é un documental dirixido pola novísima Melisa Liebenthal (Bos Aires, 1991) que a pesar de ser a súa ópera prima, foi xa premiada na sección Bright Future do Festival Internacional de Cinema de Rotterdam, e na terceira edición Asterisco do Festival Internacional LGBTIQ, así como no BAFICI 2016, onde obtivo o premio á mellor directora na competencia arxentina.
Que é belo e que non o é? Melisa aborda os estereotipos de xénero baseándose nun arquivo documental de fotografías vellas onde aparecen ela e as súas amigas, feito que a leva a ter unha excusa para reunirse con elas, gravalas e entrevistalas para coñecer cales foron as súas vivencias a partir da adolescencia e como as sentiron. Nestes encontros máis que sinceros, Melisa descobre que os medos e angustias que a chegaron en certo punto a obsesionar, foron medos compartidos polo resto das protagonistas nesta viaxe ao pasado e que agora levan a cabo xuntas dende unha perspectiva máis madura.
Para rematar este ciclo, o venres 19 de xuño proxectarase “Histeria”, de Tanya Wexler. Dr. Mortimer Granville (Hugh Dancy) é un médico mozo que constantemente ten problemas cos seus compañeiros polos seus puntos de vista modernos sobre a medicina. Granville é contratado como asistente polo Dr. Dalrymple (Jonathan Pryce), o cal está especializado no tratamento da histeria, un mal diagnosticado comunmente ás mulleres da época, e que tiña por tratamento masaxes na área xenital para causar “convulsións paroxísticas” que na verdade eran orgasmos.
O ciclo de cinema contará con medidas extraordinarias de saúde e hixiene para frear a COVID19. Estas medidas obrigan a ter un aforo máximo de 50 persoas, que estarán en butacas separadas e numeradas, a diferenciación de accesos e saídas,. O Concello da Guarda aconsella reserva previa a través do 986 61 00 00 ext. 5 en horario de 09:00 a 14:30 o en cultura@aguarda.es. Ademais, haberá desinfección previa da sala, butacas e disposición de xel hidroalcohólico para usuarias e usuarios.
Tras anunciar La Traviata, ahora el alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanza la segunda ópera que llega a Castrelos
El Concurso Internacional de Piano de Vigo repite la acción de "Piano en la calle" y busca a personas que quieran a acoger a pianistas o ceder pianos para ensayos
Se desvelan los precios de las entradas del concierto de Jennifer López en Pontevedra, con posibilidad de conocer personalmente a la artista
Barry B ha colaborado con artistas como Carolina Durante y ahora actuará en Vigo. Así habla de su primera vez en Galicia
Permite identificar un deterioro no control postural que incrementa o risco de caídas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL