A industria musical galega e lusa elixen Tui-Valença como capital da súa feira "MUMi"

Publicidad

O primeiro mercado profesional de música e cultura organizado por Galicia e Portugal chegará este 2021 á Eurocidade Tui-Valença. O MUMi, promovido por unha asociación que integra empresas, profesionais e colectivos do sector musical galego e portugués, ten por obxectivo crear unha ponte de ida e volta real e estable para as músicas de ambos países.

MUMi - Músicas no Minho acontecerá nos días 9, 10 e 11 de Setembro de 2021 na Eurocidade Tui - Valença, mantendo as condicións para que as oportunidades e boas prácticas entre o sector da música en Portugal e Galiza se concreticen. O encontro reunirá artistas e bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de servizos e produción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

A feira contará cunha programación profesional que incluirá actividades de formación (técnica, xurídica, marketing), speedmeetings (encontros rápidos) entre profesionais do sector, showcases cunha selección de artistas e bandas da Galiza e Portugal, e unha feira sectorial coa presenza das empresas das diferentes áreas do sector. Tamén haberá concertos abertos ao público en xeral coa selección de propostas musicais de diversos estilos e formatos, nunha programación que demostrará os novos valores e as figuras xa consagradas en espectáculos multidisciplinares para o público familiar e adulto.

A primeira edición do MUMi estaba prevista en marzo do pasado ano en Verín. O estoupido da pandemia obrigou á organización a cancelar a cita.

Salir de la versión móvil