A música tradicional do grupo "De Tapas" chega a Nigrán cun concerto de balde

Fundación Igual Arte

Publicidad

O grupo de música tradicional "De Tapas", a cargo da Fundación Igualarte, ofrecerá un concerto en Nigrán este fin de semana. A formación, composta por seis músicos, conta cun repertorio baseado na música tradicional galega, aínda que engaden outras sonoridades e cores musicais, ademais, ofrecen temas propios onde o proceso creativo é fundamental. A cita terá lugar no Auditorio Municipal ás 12:00 horas e a entrada é de balde ata completarse o aforo.

Igualmente, o Concello abre a inscrición para o obradoiro de experimentación e uso dos sentidos para primeira infancia, que se levará a cabo o sábado 17 de decembro na Biblioteca Municipal de Nigrán. Este está dirixido a bebés de ata dous anos, en horario de 17:00 a 18:00 horas, e crianzas de tres a cinco anos, de 18:30 a 19:30 horas. É só para empadroados e poderá participar só un dos titores, estando as prazas limitadas a 10 parellas, filla/a e titor/a. A inscrición debe realizarse no formulario web dispoñible na páxina web do Concello de Nigrán.

Estas actividades forman parte do convenio de 5.000 euros do Concello de Nigrán coa Fundación Igualarte, con sede en Vigo, que loita pola integración das persoas con diversidade funcional no campo artístico e o desenvolvemento das súas competencias creativas e expresivas, sendo a única de España adicada ao desenvolvemento artístico destas persoas.

Salir de la versión móvil