A concellaría de Cultura que dirixe Fernando Groba anuncia que mañá martes día 8 de decembro ás 18 horas de De Ste Xeito Producións representará a obra “Loló e Mamá” no auditorio municipal.
As relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e o amor é unha ferramenta de dobre fío: canto máis intenso é o amor, maior dor provoca antes de curar, este é o fío condutor desta obra preñada de humor fino e acedo interpretada por Stephy Llaryora, como filla, e Pepa Barreiro, no papel de nai.
O prezo da entrada será de 5 euros. Pódense mercar o propio martes a partir das 16 horas no Auditorio Municipal.
Fernando Groba Bouza convida a gozar desta representación teatral que se realizará con aforo reducido e cumprindo todas as medidas sanitarias para a prevención da Covid19.