A xira de Ses fai parada esta fin de semana en Ponteareas

Publicidad

Ses tamén estará en Ponteareas. A cantautora, considerada o fenómeno da música galega nos últimos anos, ofrecerá un gran concerto en Ponteareas acompañada da súa banda este sábado 8 de setembro, ás 23:00 horas, no amplo escenario que estará situado duante do Concello.

A artista María Xosé Silvar -máis coñecida coma Ses- ofrecerá a súa habitual variedade de estilos que pasan polo rock, o blues ou ritmos latinoamericanos, que encherán de enerxía ao público coa súa potente voz e intensa personalidade.

Ses chegará á vila do Tea en plena xira do seu quinto traballo, "Readmirando a condición", un álbum producido e arranxado por ela mesma, co que está percorrendo múltiples salas e festivais de Galicia e o resto da península cun gran éxito de público.

A concelleira de Cultura do Concello de Ponteareas, Hortensia Bautista, anima á veciñanza a asistir a este concerto asegurando que "para quen non coñeza a Ses será unha ocasión perfecta de descubrir un verdadeiro talento da música no noso país". A edil indicou destacou que as Festas de Setembro de Ponteareas "seguirán na liña marcada polo goberno local de elaborar programacións culturais amplas, con actividades variadas e de calidade para todos os públicos".

O concerto conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do programa Musigal, posto en marcha dende a área de Cultura da institución provincial.

Salir de la versión móvil