Amaro Ferreiro e Villanueva poñen música ao atardecer da ría de Vigo

Publicidad

O verán afronta o seu ecuador, pero xa sabemos que nos deixa como gran evento o ciclo “Solpores do Museo”. A ría de Vigo e o seu atardecer merecían unha cita desta magnitude. A resposta do público foi inmediata. Un éxito rotundo, esgotando as 300 localidades gratuítas en 48 horas para cada un dos espectáculos programados. A seguinte “entrega” deste evento que celebrase no Museo do Mar terá lugar este xoves 1 de agosto, ás 20:30 horas, coa actuación dos galegos Amaro Ferreiro e Villanueva.

Os dous músicos serán os encargados de escribir o segundo episodio dunha cita que comezou o pasado mércores 24 de xullo co recital ofrecido por Baiuca e Presumido. Amaro Ferreiro e Villanueva porán música a este escenario arquitectónico singular como é o Museo do Mar, un espazo que conta coa posta de sol como valor engadido para vivir unha xornada única.

Amaro Ferreiro comezou a súa carreira artística xunto ao seu irmán Iván Ferreiro. Tras a disolución dos Piratas, Amaro non deixou de tocar. O fixo en solitario ou acompañado do seu irmán Iván ou noutros proxectos musicais. Foi a partir do verán do 2007 cando comezou unha xira con composicións propias chamada “Tio Vivo” e en setembro dese ano sacou o seu primeiro disco en solitario co título de “La ciudad de las agujas”, con colaboracións de Eva Amaral, Iván Ferreiro, Xoel López e Leiva, comezando así unha xira por toda España.

Por outra banda, Villanueva é un autor de cancións de rock que non ten complexos á hora de vestir as súas composicións e arranxalas de forma diferente con elementos doutros estilos gardando sempre un selo persoal e independente que o sitúan nun dos autores españois máis respectados da súa xeración.

O programa de “Solpores no Museo” inclúe un concerto semanal ata finais do mes de agosto. Os afortunados que xa teñan a súa entrada poderán gozar de artistas como Zenet, Joe Crepúsculo, Soleá Morente ou Xosé Manuel Budiño, que estarán acompañados con referentes galegos como Moon Cresta o Bliusvai. Tras a cita deste xoves con Amaro Ferreiro e Villanueva, será a quenda de Moon Cresta e a banda Aurora & The Betrayers, que actuarán o 8 de agosto. O 15 de agosto, a música correrá a cargo de Soleá Morente e Xosé Manuel Budiño mentres que o xoves 22 de agosto terá lugar a actuación de Joe Crepúsculo e a galega Cora Velasco, mentres que o vindeiro 29 de agosto celebraranse as últimas actuacións do ciclo a cargo de Zenet e Bliusvai.

Salir de la versión móvil