A praza do Concello de Baiona acollerá o vindeiro xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas, o espectáculo musical Son Galego, Son Cubano, de Roi Casal. O evento, que arrancará ás 20:00 horas e se engloba nas celebracións do 525 aniversario da Arribada da Carabela Pinta, aposta pola música como ponte de unión entre Galicia e América.
Nunha abraiante fusión cultural entre a música de Cuba e a poesía galega, o espectáculo, componse dunha selección dos trece temas nos que se recollen os poemas do ilustre escritor galego Neira Vilas musicados por Casal.
A aventura que deu neste proxecto comezou xa no 2014, cando despois de ser premiado na Habana, o compositor “camiñou, conversou, observou e quedou namorado da capital” cubana. Dende ese intre púxose a traballar até que a produción discográfica tomou forma e foi publicada no verán do ano 2016, chegando a máis de 50.000 persoas nunha xira que arrancou no Gran Teatro da Habana.
A relación Cuba e Galicia que se celebra agora nas vilas do país foi especialmente estreita dende a metade do século XIX e até 1930. Non en van, a actual Real Academia Galega ten a súa orixe na Habana coa creación da Sociedade Protectora da Academia Galega, por iniciativa de Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal. Unha irmandade dos pobos aos dous lados do Atlántico que agora Casal impulsa entrado o século XXI.
Agora, Baiona celebra esa fusión con un concerto para o que “non habería mellor lugar que a Real Vila”, apuntan dende o Concello. Precisamente, os temas que forman parte do espectáculo recollen parte da epopea dos galegos na illa, un dos principais destinos da emigración.
El plazo de inscripción para la San Silvestre de Tui, que será gratuita, se abre el próximo 1 de diciembre
Mondariz acoge este sábado un magosto gratuito en el que los asistentes podrán degustar castañas y chorizos asados
¿Todavía no tienes plan para este fin de semana en Vigo y su área? Consulta esta propuesta para disfrutar al máximo de estos días
Dos de las termas gratuitas de Galicia cerrarán durante unos meses. Este fin de semana será la oportunidad para bañarse en ellas este otoño
Impulsáronse proxectos punteiros como o VQCC ou a futura fábrica de semicondutores SPARC
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL