A pasarela de moda do Morrazo, Amodiña, celebrará a súa edición “máis fresca e colorida” mudando as datas para poder presentar, por vez primeira en sete anos, as coleccións de primavera e verán. A cita celebrarase como de costume no Paseo Marítimo de Moaña, pero adiántase do tradicional setembro a abril buscando “facer un xiro no enfoque para crear unha pasarela aínda mais atractiva”, segundo explicaron esta mañá os organizadores na súa presentación.
O evento de moda por excelencia na nosa contorna, que terá lugar o sábado, 21 de abril, ás 21:00 horas, quere amosar a fortaleza das pequenas empresas ofrecendo unha mostra de “todo o que se vai levar” nos vindeiros meses. En total, Amodiña acolle este ano a 30 negocios de moda, beleza e complementos que amosarán os seus produtos de moda infantil, home e muller, lencería, zapatería, perruquería, óptica, complementos, florería ou repostería a través dunha pasarela de 15 metros.
Como de costume, o evento constitúe como un gran espectáculo audiovisual con actuacións en directo. Volve a contar este ano con Boombox Escuela Urbana, dirixida polos irmáns Yara e Kevin Juncal Graña, formados con profesores internacionais, coreógrafos de grandes artistas como Beyoncé, Michael Jackson ou Usher.
No apartado musical contarase con The Marveltons, banda formada por sete integrantes que achegarán as súas notas e versións de estilos Doo wop, Soul, Funk & Rock ́N Roll ao público asistente.
Amodiña 2018 estará este ano presentada por María Salgueiro, recoñecida actriz e guionista, e o seu acceso será coma sempre de balde. En caso de chuvia trasladarase o evento ao Pavillón de Reibón.
A presentación correu a cargo de Nelida Carracelas - Vicepresidenta de FECIMO-, Coral Rios – Concelleira de Promoción Económica do Concello de Moaña –, María Salgueiro – Actriz e Presentadora de Amodiña VII, Jacobo Gayo –Fotografo e Xerente da Axencia de Comunicación GFSTUDIO encargada da Campaña de comunicación e a comisión organizadora de AMODIÑA, integrada por membros da directiva de FECIMO.
Vigo será una de las paradas de un nuevo y sorprendente show. Un viaje intergaláctico que acaba de sorprender a Galicia con su estreno
Valença desvela su asombroso despliegue de Navidad con 41 días de actividades. Esto es todo lo que podrás disfrutar en una escapada desde Galicia
El Concello de Salceda presenta una nueva edición de su tradicional Ruta das Bodegas da Feira. Degustación de vino y mucho más
La Navidad de Vigo sumará uno de sus grandes atractivos. Ya hay fecha para la apertura de la icónica gran noria
Apunta que la UVigo se enfrenta a un reto importante como es la jubilación de decenas de docentes y la caída de la natalidad
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL