O Rural do Condado Paranda leva a cabo accións solidarias contra a violencia de xénero. Esta fin de semana os Grupos de Desenvolvemento Rurais galegos xunto á Secretaría Xeral de Igualdade e á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, teñen pogramada unha serie de actividades en pro da concienciación e sensibilización sobre a loita contra a violencia de xénero.
O sábado 13 de novembro terá lugar unha andaina solidaria nos 24 territorios que pertencen aos Grupos de Desenvolvemento Rurais galegos. Pola sua parte, o GDR Condando Paranda fará unha andaina circular pola senda do río Tea.
O camiño de aproximadamente 6 kilómetros comezará ás 10:30 da mañá. A saída será dende as pistas polideportivas do Concello de Mondariz Balneario e chegará ata a Ponte de Cerneda do Concello de Mondariz. De volta, a andaina pasará polo casco urbano da vila e pola senda do río Tea ata chegar, de novo, ás pistas polideportivas.
Ao rematar a camiñada se poderá desfrutar dunha actuación da man dun grupo de música folclórica e, tamén, dunha degustación de petiscos. Ás 13:00 terá lugar a lectura dun manifesto a través dunha videochamada conxunta na cal participarán os 24 territorios dos GDR's da Comunidade.
Para incribirse nesta actividade é necesario unha inscripción previa, que se poderá levar a cabo a través de dúas vías: enviando un correo electrónico á dirección gdr@gdrcondadoparadanta.gal ou facendo unha chamada ao número de teléfono 986 66 33 29.
Ademáis das andainas polos 24 territorios, as actividades impulsadas polos GDR's tamén inclúen parladoiros nas escolas. O GDR Condado Paranda ten previsto o desenvolvemento de tres parladoiros para estudantes en tres centros de Educación Primaria do territorio. Con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller a xornalista Eva Míguez acudirá aos tres centros para falar cós escolares acerca do tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación.