• Abre Vialia on Ice
  • Navidad en Redondela
  • Contratiempo Navidad de Vigo
  • Nuevo hotel en Vigo
  • Cestas de Navidad
  • Primitiva O Porriño
  • Alto standing en Vigo
  • Novedad gastro
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

Antía Muíño, Mondra ou Lontreira ofrecerán os seus directos no MUMI 2023 de Tui e Valença

Antía Muíño, Mondra ou Lontreira ofrecerán os seus directos no MUMI 2023 de Tui e Valença
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
27/06/2023

Despois dun “duro proceso de selección motivado polo éxito de convocatoria” que se pechou cun total de 244 propostas artísticas candidatadas para os showcases, o MUMI anuncia as bandas e artistas que van configurar o programa profesional da feira entre o 21 e o 24 de setembro. Oito nomes de Galicia e seis de Portugal amosarán ao público, profesional e tamén xeral, a diversidade de propostas musicais que conviven na escena actual.

Galicia presentará os directos de Antía Muíño, Mondra, Anxo Araújo, Diego Alonso 5tet, Habelas Hainas, Lontreira, Moura e Xurxo Fernándes; mentres Portugal achegará as propostas de Aníbal Zola, Expresso Transatlântico , María Monda, Maze, Retimbrar e Virgem Suta.

Másnoticias

La Fortaleza de Valença se convierte de chocolate durante cuatro días

La ciudad más dulce de la Península estará a un paso de Vigo, así será la Fortaleza de Chocolate de Valença

20/11/2025
Vigo cierra el verano con un festival de música gratuito, estas son las actuaciones y horarios

Alaska, Leiva o Dani Fernández para homenajear la música en Nigrán con un mercado y comida

19/11/2025

Desde a equipa organizativa destacan que a “diversidade continúa a ser a palabra clave na música ao vivo que vai ofrecer o MUMI 2023, cun mosaico de bandas e artistas que responden á riqueza das escenas galega e portuguesa”.

Das novas abordaxes da música tradicional á electrónica, pasando polo jazz, o pop, as músicas urbanas ou a canción de autoría, os showcases programados recollen a efervescencia musical que bule a ambas beiras do Miño cunha presencia moi destacada das músicas que experimentan a partir da raíz, e que felizmente non deixan agromar.

Un total de catorce propostas de bandas e artistas cunha traxectoria consolidada, respaldadas por axencias profesionais, que xa están funcionando moi ben nos seus territorios e queren abrirse a outros mercados, un feito que demostra a solidez da escena e a necesidade da industria musical de contar cun espazo como o MUMI.

Colaboración coa Fira Mediterrània de Manresa

A este primeiro adianto sumaranse nos próximos meses un programa de conferencias e sesións de traballo conxunto, e tamén outras propostas musicais que serán convidadas a participar no encontro, entre as que se inclúe unha colaboración coa Fira Mediterrània de Manresa, o mercado de referencia para as músicas que utilizan a raíz, a tradición e a cultura popular como motor creativo.

Grazas a este intercambio, o MUMI vai contar na súa programación cunha proposta musical catalana seleccionada pola Fira que tamén recibirá na súa próxima edición en outubro unha proposta galega da pasada edición do MUMI, que terá a oportunidade de realizar un showcase neste importante mercado onde se dan cita programadores de todo o mundo.

Continúan abertas as inscricións profesionais

As inscricións profesionais para o MUMI 2023 continuarán abertas a través da páxina web do evento sen ningún tipo de custe e ata a propia data do evento para facilitar a asistencia das persoas interesadas en manter sesións de traballo conxunto dentro do espazo destinado aos "speedmettings" ou encontros rápidos entre profesionais.

Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, responsables de programación, xornalistas e público xeral, daranse cita neste evento que quere converterse na feira musical de referencia do oeste peninsular e que ten como obxectivo crear novos mercados para as músicas galega e portuguesa, construír unha relación estable entre axentes e empresas de Galicia e Portugal; e destacar o talento creativo de proximidade ante programadores e técnicos de cultura de ámbolos dous países.

Temas: actividades en TuiEurocidade Tui-Valençamúsicamúsica en TuiValença
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Redondela enciende la Navidad más solidaria con sabor a chocolatada
Qué hacer

La Navidad llegará a lo grande a Redondela, con un espectáculo único con pasacalles y lleno de sorpresas

Redondela pone fecha y hora a su gran acto de encendido de la Navidad, donde habrá pasacalles, música y sorpresas

PorCarlos I. Castrillón
21/11/2025
Combatir el 'Black Friday' con un Mercado de Navidad que apuesta por el comercio y la gastronomía de Bueu
Qué hacer

Combatir el 'Black Friday' con un Mercado de Navidad que apuesta por el comercio y la gastronomía de Bueu

Bueu busca poner en valor la hostelería y el comercio local con su Mercado de Navidad. Ofrecerá comida, artesanía, música y mucho más

PorAlfredo Teja
21/11/2025
La gira de Operación Triunfo 2025 llegará a Galicia el próximo mes de abril
Qué hacer

La gira de Operación Triunfo 2025 llegará a Galicia el próximo mes de abril

Anunciado un concierto en Galicia la próxima primavera en Galicia. Los fans de OT podrán ver en directo a los concursantes de esta edición

PorMetropolitanoy1 Otros
20/11/2025
Marchas en Vigo por el 25N para exigir el fin de la violencia machista
Qué hacer

Llaman a manifestarse el 25-N en Vigo contra la violencia machista y "polas que coidan"

"Polas que coidan. Dignidade e loita" es el lema de la manifestación convocada para el 25-N por la tarde en Vigo

PorEuropa Press
20/11/2025
atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro
Enfoque

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025

Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X