O Concello de Arbo, xa prepara o Nadal ao grande. Como preludio das festas, este fin de semana celebrará o seu xa tradicional ArboNadal, Mercado Solidario do Nadal, onde ademais durante a xornada do sábado, terá lugar o acendido das luces de Nadal.
ArboNadal, que pretende ser un referente na Comarca, contará cun total de 22 postos onde o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía do Nadal, a oferta de artesáns, complementos, cosmética, madeira, bixutería, castañas asadas, amendoas garapiñadas, vinagres, pementos, produtos ecolóxicos, verdura, froita, hortalizas e castañas asadas serán algunhas das ofertas as que poderá acceder o comprador. Tamén terán presencia no Mercado ONG´S e asociacións arbenses.
Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal contará cun variado programa de actividades dirixido á cativada que danzarán, xogaran e coñecerán ao súas personaxes de Disney favoritas.
O Concello de Arbo, terá a disposición dos compradores e visitantes, dúas caixas na Porta do Concello, onde se recollerán xoguetes e comida non perecedoira para repartir entre as familias máis necesitadas do municipio.
Actividades de Nadal en Arbo
Sábado 2 de decembro
- Ás 11:30 horas - Apertura de postos de artesanía, segunda man, comida, complementos, roupa, hortalizas, plantas, decoración de Nadal, castañas asadas, ONGs……, na Praza do Concello
- Ás 17:00 horas - Festa infantil con xogos, música e moitas sorpresas
- Ás 18:00 horas - Visita de personaxes Disney
- Ás 18:30 horas- Acendido das luces do Nadal
Domingo 3 de decembro
- Ás 11:30 horas - Apertura de postos de artesanía, segunda man, comida, complementos, roupa, hortalizas, plantas, decoración de Nadal, castañas asadas, ONGs……, na Praza do Concello
- Ás 17:00 horas- Festa infantil con xogos, música e moitas sorpresas.