A compañía A Panadaría pode gabarse de coleccionar premios coas súas comedias, historias que raian o irreverente para facer ao público chorar da risa, pero que tamén chegan directas á boca do estómago para remover conciencias. As súas actrices e fundadoras chegan este domingo 19 a Tomiño para subirse ao escenario co seu espectáculo ‘As que limpan’, unha obra que reivindica a loita das camareiras de piso galegas para conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos, pero que tamén fala de mulleres e do chan mollado sobre o que camiñan cada día.
‘As que limpan’ fala da loita organizada das limpadoras de piso de hoteis contra a cobiza dos donos e donas das cadeas hoteleiras. Un cartel pendurado no manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia as camas están feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Todo grazas ás que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador, encargadas de que á volta das persoas hospedadas a súa habitación estea impoluta pero cun traballo que non está valorado.
Neste espectáculo escrito e dirixido por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, fundadoras da compañía, as actrices formúlanse preguntas como se é posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero, se existe un turismo sostible ou... quen limpa na casa da limpadora? Porque hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, anima a toda a veciñanza a gozar dunha tarde de teatro con esta obra “que nos divertirá ata a saciedade pero que tamén nos fará reflexionar sobre a loita das limpadoras de piso dos hoteis e sobre as dificultades que teñen as mulleres na súa vida cotiá formulándonos preguntas para as que moitas veces non temos resposta”. A obra representarase no auditorio municipal de Goián ás 19:00 horas. A entrada terá un prezo de 5 euros para persoas adultas e de 2,5 euros para menores de 12 anos.
Uno de los locales más activos de Vigo ha preparado su aniversario con una celebración por todo lo alto. Todo el mundo está invitado
Galicia celebra este fin de semana su mayor fiesta venezolana. Una cita para degustar sabores, escuchar ritmos y disfrutar de este país
Aterriza un año más la Feria del Disco en Vigo, que se convertirá en un espacio de compra-venta de vinilos y cd. La entrada será gratis
Todo listo para el Vigo Global Summit 2025. Más de mil inscritos y una veintena de ponentes participarán en este encuentro global
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL