“As tapas do Conde” de Gondomar chegan a súa última fin de semana

Publicidad

A sexta edición de As Tapas do Conde, o roteiro gastronómico impulsado pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), chega esta fin de semana o seu fin.

A sexta edición desta cita, na que participan 13 establecementos de Gondomar, permite degustar até 25 petiscos cunha ampla variedade de elaboracións entre o 21 e o 23 de setembro. Así, o roteiro divídese entre tapas salgadas e doces.

Para os máis larpeiros a oferta abrangue a torta tres clásicos, filloa rechea de crema de noz, explosión morena, flan lalo’s, mag mel, leite frita, crema de pexego, delicia do estanco, deleite, postre vaticano, torta de chocolate branco con noces e doce soleiro.

No caso das tapas salgadas a oferta suma 12 petiscos como o galiburguer, cornete de pistacho, a furada do San Xoán, bacon con cebola caramelizada, terechada, bacallau con garavanzos, chipiróns encebolados, tosta de vieira con pisto de fungos, salpicón de marisco e dijón, o niño do cuco, albóndega vestida e preñado enxebre.

Todas as tapas teñen un prezo común de 2,5€ nos 13 establecementos participantes. Os consumidores decidirán co seus votos cal é a gañadora en cada unha das dúas categorías. Ademais, todos aqueles que completen os catro selos do gastromapa entrarán no sorteo dun teléfono móbil.

Mapa e horarios de tapeo

Salir de la versión móvil