A música volverá encher mañá pola noite a praza de San Fernando co concerto “Volta ás orixes” a cargo das violinistas tudenses Sara Areal e Raquel Areal e Karla Martínez. Este evento musical comezará ás 22:15 horas con entrada libre.
Un concerto no que Sara e Raquel farán unha viaxe musical dende as pezas que tocaban na súa infancia até ás que interpretan na actualidade, amosando así a evolución no grao de dificultade e calidade experimentado ao longo dos anos. Pero será tamén unha viaxe a través dos países onde teñen realizado a súa formación musical cun repertorio de diferentes nacionalidades e diferentes tipos de pezas. Ofrecerán un concerto moi dinámico no que agardan o público disfrute da interpretación, que para elas será moi especial e emotivo. Ao piano estará Karla Martínez que xunto a Raquel Martínez forma o dúo Boulanger.
O concerto comezará interpretación do Concerto para dous violíns en La menor de Vivaldi e a “Nena dos cabelos de liño” de Debussy. Continuarán con “Nocturno” de Lily Boulange e interpretando 7 dos 44 dúos para dous violíns de Béla Bartok. Forma parte tamén do repertorio “Balada do Amor Adolescente” de José María Vitier, “En mi menor, Mi menor Conga” de Guido López-Gavilán, “La Vida Breve” de Manuel de Falla e “Emigrantes Celtas” de Manuel Quiroga. Rematarán con “Navarra” de Pablo de Sarasate.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, compartiron esta mañá uns minutos coas tres artistas na praza de San Fernando onde mañá terá lugar o concerto. Amosaron a Sara e Raquel Areal e a Karla Martínez o seu agradecemento por poder conta con este evento musical na programación do verán cultura tudense.
Baiona organiza una andaina saludable. Es una actividad para promover hábitos saludables y concienciar sobre la prevención contra el cáncer de pulmón
El Rondallas Fest se celebrará en diciembre en el Pazo de Mos. Participarán diferentes agrupaciones musicales del área de Vigo
La Festa do Espumante de Melgaço promete tres intensos días de actividades. Habrá catas, showcookings, conciertos y degustaciones
Uno de los atractivos gratuitos de la Navidad de Vigo, su Belén Monumental, se podrá visitar en la Casa das Artes de forma gratuita
Este preacuerdo está pendiente de la aprobación por el grupo de trabajo creado expresamente para este tema
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL