As Xornadas do Mar estréanse no Casco Vello coa proclamación do “tesouro humano”

Publicidad

O corazón de Vigo ten unha xoia. Trátase dun “tesouro vivo” que será proclamado este venres 6 de setembro na primeira das catro xornadas que compoñen a nova edición das Xornadas do Mar que organiza a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo. Esta primeira entrega é especial por esta designación, esta homenaxe na que un veciño recibirá este título auspiciado pola UNESCO a aquelas persoas que, debido á súa traxectoria vital posúan amplos coñecementos en calquera dos ámbitos no que se divide o Patrimonio Inmaterial.

A persoa agasallada é memoria viva do barrio mariño encadrándose no ámbito do Patrimonio Oral. Esa homenaxe irá máis aló desa proclamación. Esta xornada tan emotivo incluirá a proxección ás 20:00 horas dun documental sobre a vida desta figura, faráselle entrega de diversos recordos rematando o acto coa actuación do grupo musical 2US.

As Xornadas do Mar proseguirán o venres 13 con “Os contos do mar", de Avelino González, e a música de Ghaiteiros do Casco Vello; o venres 20 abordarase o presente e futuro dos traballadores e das traballadoras do mar, unha charla que culminará co concerto do Grupo de Música Tradicional da Fundación Igualarte. A última entrega deste evento chegará a cargo de Pedro Feijoo, co que o escritor vigués falará sobre “Camiñar o Vigo Vello”, un libro que de feito presentouse no Instituto Camoes. A xornada rematará co recital do Orfeón Mariñeiro do Berbés.

Salir de la versión móvil