O Concello de Ponteareas presenta a súa programación cultural que se prolongará ata o 5 de Xaneiro coa cabalgata dos Reis Magos de Oriente como colofón final á programación festiva. Entre as novidades dese ano está a instalación dunha pista de xeo na Praza Maior, tal e como avanzou o pasado sábado Metropolitano.gal.
As actividades para toda a familia arrancarán coa animación de rúa “Hakuna Matata” este martes, 5 de decembro, ás 17:30 que dende a Praza Maior percorrerá o centro urbano ata chegar ás 18:30 horas á praza da Música, enriba do auditorio, donde toda a veciñanza se reunirá para o encendido da árbore de Nadal e a inauguración do alumeado de nadal.
As actividades, que se desenvolverán entre a Praza Maior, o Auditorio e as casas culturais das diferentes parroquias, abranguen dende espectáculos teatrais, maxia e humor, así como diferentes obradoiros.
Apalpador e Papá Noel para os cativos
O apalpador acompañado da treboada do Baixo Miño e chocolatada visitará Ponteareas o sábado día 30 ás 18:15 horas. Papá Noél estará na Ludoteca da Praza Maior organizada por BANASTRA e os Magos de Oriente chegarán o día 5 ás 16:30 horas.
Actividades deportivas
A última tarde do ano, o 31 de decembro, celebrarase a xa tradicional San Silvestre Solidaria polas rúas do centro urbano organizada por Taninos Runners en colaboración coa concellería de Deportes ou o torneo de Nadal S.D Juvenil Fútbol 8.