Despois de dous anos de parón pola situación sanitaria, a romaría da Picaraña prepara unha nova edición chea de actividades e diversión para todos os públicos e adaptada á nova realidade. O Concello organiza en colaboración coa Comunidades de Montes de Ponteareas, a Comunidade de Montes de Arcos e a Asociación Veciña de Canedo dúas xornadas de lecer dunha das celebracións que conta cunha maior participación de veciños e veciñas de todas as idades.
O programa arrancará este sábado 30 de abril ás 17:00 horas cunha xornada de xogos de mesa e rol que dará paso ás 22:00 horas á ruta nocturna ‘Afina os teus sentidos e descubre a Picaraña!’, que sairá dende o merendeiro de Chans. Ás 23:59 h as e os apaixonados da astronomía poderán participar nunha observación do ceo nocturno que terá como punto de encontro a entrada do albergue xuvenil.
Como xa é tradición, as mozas e mozos poderán acampar esa mesma noite de forma totalmente gratuíta no recinto do albergue xuvenil da Picaraña, propiedade municipal. Para poder facelo e pasar a noite anterior á celebración da festa xa alí deberán inscribirse de forma obrigatoria na Biblioteca Municipal e aceptar as normas estipuladas para a acampada.
A xornada do domingo comezará con varias andainas, a partir das 10:30 horas dende as casas culturais de Arcos e de Prado e das 11:00 h dende o parque Luís Pardo de Canedo. Tras as rutas será hora de repoñer forzas co xantar popular, no que haberá polbeiro e postos de gastronomía. Ademais tamén haberá animación musical e xogos tradicionais, populares e deportivas para todas as idades pola tarde a partir das 16.30 horas. Dende o Concello anímase a toda a veciñanza a gozar destas dúas xornadas de lecer único nun espazo natural como o da Picaraña.
Vigo inicia la cuenta atrás para disfrutar de la segunda edición del Galicia Fest. Así será el festival este verano en la ciudad
Un nuevo festival totalmente gratuito nace en el área de Vigo. Se prepara para celebrar su primera edición con conciertos y actividades
Ourense lanza una fiesta con motivo del "OURgullo". Un evento para reivindicar y celebrar el Orgullo LGBTIQ+ con conciertos y espectáculos drag
Vuelve la etapa popular, totalmente gratuita, que permitirá recorrer la ruta del Camino Portugués por la Costa que pasa por Vigo
La recién Orquestra da UVigo sigue creciendo y ofrecerá un nuevo concierto gratis. Todo, con un variado repertorio que promete sorprender
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL