Grande Amore e Berto, dous expoñentes da nova música feita en galego en Galicia, protagonizarán este xoves o festival Sonora’22. A partir das 17.30 no teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria, primeiro Grande Amore, alter ego do músico de Burela Nuno Pico, e a continuación Berto, a metade de Verto, achegarán ao público asistente os seus novos traballos discográficos.
“Grande Amore é a miña vida resumida en 30 e poucos minutos. Ten todas as miñas alegrías e as miñas penas, todo o duro, todo o romántico e todo o escuro que levo dentro cada día, para ben e para mal”, explica Nuno Pico, sobre o seu traballo homónimo, nove cancións, que conforman, segundo o seu autor, “un disco de rock and roll, e encántame”, cheo de enerxía, entre a vulnerabilidade e a potencia máis rabiosa.
Pola súa banda, Berto ofrecerá a fusión orgánica entre o pop, a electrónica, o trap e o techno do seu primeiro disco en solitario Viaxe ao espazo interior, ademais do seu traballo máis recente, o E.P Bailar Chikito. Á fronte da produción musical e á voz principal e coa colaboración estrela de Marinha, Berto mestura o analóxico e o dixital, acompañado dunha banda con Lorena “Cachito” á batería e María Soa nos sintetizadores.
O festival Sonora’22, que organiza a Vicerreitoría de Extensión da UVigo, é gratuíto, con entrada libre ata encher a capacidade do teatro.
O mércores haberá en Vigo, no edificio Redeiras, un Obradoiro dirixido a docentes de ensino primario e secundario
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL