Este sábado, 20 de xaneiro, ás 12:30 horas terá lugar na sala de exposicións da Área Panorámica a inauguración da III Mostra da Camelia Cidade de Tui organizada por ATUCA, a Asociación de Amigos Tudenses da Camelia, co patrocinio do Concello de Tui e da Deputación de Pontevedra, e a colaboración da Sociedade Española da Camelia.
O acto inaugural correrá a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto ao xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, e un representante da Deputación de Pontevedra. Tamén se contará coa presenza Laura Almuíña da Sociedade Española da Camelia, e Pilar Vela da Estación Fitopatolóxica de Areeiro.
A III Mostra da Camelia de Tui, precedida da polo éxito das dúas edicións anteriores, contará coa presenza de preto de 80 expositores chegados de toda Galicia, Asturias e do Norte de Portugal que ao longo de dous días amosarán distintos exemplares de variedades da camelia, así coma tamén expositores representantes da industria xurdida desta especie con produtos de cosmética como aceites ou xabóns, pero tamén cada vez máis coa produción de té que ten como orixe unha variante da camelia.
De forma paralela á mostra foi convocado un concurso de debuxo e poesía sobre a temática desta planta, cuxos premios serán entregados tras o acto inaugural.
A exposición poderá visitarse, con entrada de balde, o sábado de 12:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas e o domingo de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 horas a 20:00 horas.
Durante toda la semana, varios organismos públicos abrirán sus puertas en Vigo para enseñar qué hacen. Consulta las visitas gratis que puedes hacer
Una cita cargada de solidaridad para disfrutar con mascotas en Vigo. Habrá photocall, sorteos, bingo, mercadillo y mucho más
La orquesta París de Noia, tapas a 4 euros y un ambiente top. Así es la Festa do Salmón que se celebra este domingo a menos de una hora de Vigo
Vermú de Barrio llega este domingo con el penúltimo concierto de su programación que comenzó el pasado domingo 27 de abril
Belén Rubio destaca “a fortaleza do modelo de colaboración entre academia e tecido empresarial"
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL