↥Publicidad
A chuvia impedirá este ano que os nenos e nenas poidan gozar das súas prebadaladas. Así o vén de confirmar o Concello de Cangas quen explica que a actividade, prevista nos Xardíns de Soaxe (alameda vella) para o 31 de decembro ás 11:30, suspéndese “polas predicións meteorolóxicas”.
Segundo o último parte de Meteogalicia, o domingo espénranse fortes ventos até o mediodía con refachos de até 80 quilómetros por hora acompañados por chuvia intensa.
O que si se mantén, polo de agora, é a Carreira de San Silvestre, na que cada ano participan milleiros de veciños e veciñas. Arrancará ás 17:00 horas do mesmo domingo.