• Investigación bullying Vigo
  • Estatua Aspas
  • Concierto Vigo
  • Halloween Vigo
  • Vivienda en Vigo
  • Rodaje Vigo
  • Banco de Alimentos
  • Cambios turborrotonda
  • Cabañas Halloween
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

Cans celebra o Día das Letras con estreas e coloquios de cinema que continuarán durante o xoves

Cans celebra o Día das Letras con estreas e coloquios de cinema que continuarán durante o xoves
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
17/05/2023

O Festival de Cans viviu este mércores a segunda xornada da súa XX edición cunha xornada moi especial dedicada a festexar o Día das Letras. Cans uniuse á celebración deste día do mellor xeito que podía facer, dedicando a súa programación ao cinema e a música do país, coa estrea do documental “Florencio, o cego dos Vilares”, un coloquio sobre o filme “Matria” cos seus protagonistas e un broche final cunha noite de actividades dedicada aos veciños da aldea, os grandes protagonistas do evento. "O Día das Letras está a ser unha xornada inesquecible para veciños e visitantes de Cans nesta xornada", destacan dende a organización.

Un dos momentos estelares chegou a mediodía no Torreiro cun debate sobre o proceso de creación de “Matria”, o filme galego que está a triunfar nas salas de toda España con uns protagonistas moi unidos a Cans, como son o seu director Alvaro Gago e a actriz María Vázquez. Tamén incorporouse ao debate Eduardo Rodríguez Cuña “Tatán” e actuou como presentador o director do festival, Alfonso Pato.

Másnoticias

Interceptan a un hombre en O Porriño por conducir sin carnet, por quinta vez

Interceptan a un hombre en O Porriño por conducir sin carnet, por quinta vez

21/10/2025
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España

O Porriño licita un nuevo contrato de Axuda no Fogar con protocolos antiacoso y mejores condiciones

20/10/2025

Ante un Torreiro cheo de xente, Alvaro Gago reivindicou a aposta de rodar unha película en galego a pesar de que se o fixera en castelán podería ter duplicado as 60 copias que se distribuíron do filme. “Matria” xa foi vista por máis de 40.000 persoas e obtivo premios como a Biznaga de Prata do Festival de Málaga para a mellor actriz, polo traballo de María Vázquez. Gago indicou tamén que Cans é un festival no que existe unha conexión especial entre o publico e os cineastas. “Este é un festival que baixa do pedestal ao que nunca deberan ter subido os directores”, engadiu.

A protagonista de “Matria” destacou que este papel permitiulle representar a moitas mulleres invisibilizadas e para ela supuxo “un orgullo e unha viaxe emocional incrible”. Ademais, Vázquez apuntou que unha vez estreada a película moitas mulleres agradecen que se conte unha historia coa que se senten moi identificadas. Sinalou tamén que o filme supuxo un esforzo importante con un ano de preparación para un papel que lle está a dar moitas satisfaccións persoais e profesionais. O público participou activamente no debate e despois encheu o Baixo de Bugarín onde se proxectou a película.

Despois do coloquio tivo lugar tamén no Torreiro a sesión vermú Povarelo na que participaron as violinistas María Jorge, Aldara Souto, Begoña Riobóo e Antía Ameixeiras, xunto ao tamén violinista Carlos Quintá e ao músico Pancho Álvarez, que ademais é o director do documental “Florencio, o cego dos Vilares”, que estreouse pola mañá en Cans. Ante un público moi animado tocaron varios temas do repertorio tradicional do propio Florencio, nunha sesión festiva na que gozaron adultos e nenos de todas as idades.

Xa pola tarde continuou a actividade en Cans con coloquios e proxeccións e a tradicional homenaxe ao Can de Pedra, situado na rotonda de Adroza, e a colocación dos Chimpíns no Muro dos Chimpíns. Despois tivo lugar a Noite dos Veciños, unha festa dedicada aos verdadeiros protagonistas do festival, que neste XX aniversario do evento contará coa estrea do documental “De casa en casa”, de Juanma Lodo, baseado no proxecto Cans 303, a presentación do xurado dos veciños e veciñas e un gran final coa actuación das Pandereteiras de Cans e Acordecans.

Xoves con actividades en Cans e O Porriño

A xornada de este xoves conta de novo cunha programación chea de propostas interesantes para todos os públicos. Destaca o coloquio que terá lugar a mediodía no Baixo de Carlos de Cans, que reunirá 25 anos despois da súa estrea ás actrices da emblemática serie galega “Mareas Vivas”. Pola tarde a activade desprazarase ao Porriño. No Circulo Recreativo Cultural proxectarase a longametraxe “Unicorn Wars”, do director Alberto Vázquez e a partir das 20:30 hroas terá lugar a apertura oficial do festival coa proxección da película “Honeymoon”, do director Enrique Otero, que contará coa asistencia do equipo do filme. A actuación de Paloma, tamén no Circulo Recreativo Cultural, pechará a xornada.

Programación Xoves 18 de maio

  • 10.00 horas:  Cans do Futuro. Baixo de Bugarín.
  • 10.30 horas: Coloquio Proxecta: “A arte de programar”. Baixo de Carlos.
  • 10.30 horas: Roteiro cinéfilo-literario co escritor Carlos Meixide. Saída do Torreiro de Cans.
  • 12.00 horas: Coloquios Fundación AISGE: "As actrices de Mareas Vivas, 25 anos despois". Baixo de Carlos.
  • 12.00 horas: Cans do Futuro. Baixo de Bugarín.
  • 15.00 horas: III Concurso de pintura rápida PINTAR O O CINE. Pza. do Concello e Rúa peonil.
  • 17.00 horas: Apertura mercado libros de cine. Pza. do Cristo.
  • 17.00 horas: Proxección "Unicorn Wars" de Álberto Vázquez.Círculo Recreativo Cultural.
  • 17.30 horas: LENDOCINE: Literatura e Cinema. Botica Nova, Praza do Cristo.
  • 19.00 horas: Showcooking Tapas de Cine Estrella Galicia: “Cociñando Matria”. Pza. do Concello.
  • 20.00 horas: Procesión de chimpíns dende a Pza. do Concello con Pasarrúas de Os Zoqueiros.
  • 20.30 horas: Apertura oficial do festival. Proxección de "Honeymoon" de Enrique Otero. Coa presenza do equipo. Círculo Recreativo Cultural.
  • 23.00 horas: Actuación: PALOMA. Círculo Recreativo Cultural.
Temas: A LouriñaFestival de CansFestival de Cans 2023O Porriño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un complejo de cabañas invita a pasar en Galicia un "Halloween de miedo sobre las ramas de un árbol"
Qué hacer

Un complejo de cabañas invita a pasar en Galicia un "Halloween de miedo sobre las ramas de un árbol"

¿Sin planes para Halloween? Esta es la propuesta de un complejo de cabañas de Galicia para disfrutar la noche más terrórifica

PorPaula Carballo
22/10/2025
Música

Desvelado el gran concierto gratis de Porta do Sol que cerrará el homenaje de Vigo a Gaza

La Porta do Sol se convertirá en el escenario del próximo gran concierto gratis de Vigo. Será el colofón del homenaje de la ciudad a Gaza

PorAlfredo Teja
22/10/2025
Queimada gratis, desfile de zombis y música para disfrutar del Halloween en el centro de Vigo
Qué hacer

Queimada gratis, desfile de zombis y música para disfrutar del Halloween en el centro de Vigo

El centro de ocio A Laxe se prepara para vivir dos viernes consecutivos llenos de diversión y misterio con motivo de Halloween en Vigo

PorMetropolitano
22/10/2025
Vigo suma a dos nuevos líderes de referencia mundial para su gran congreso internacional de economía
Qué hacer

Vigo suma a dos nuevos líderes de referencia mundial para su gran congreso internacional de economía

Durão Barroso y Antón Costas se suman a una lista de ponentes entre los que están dos Premios Nobel o la deportista Carolina Marín

PorCarlos I. Castrillón
22/10/2025
La catedrática Carmen García Mateo anuncia también su candidatura al Rectorado de la UVigo
Enfoque

La catedrática Carmen García Mateo anuncia también su candidatura al Rectorado de la UVigo

PorCarlos I. Castrillón
21/10/2025

Será la líder de la candidatura de Nós Universidade en las elecciones de mayo, a las que también se presentará Belén Rubio por la H2040

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

26oct16:00Motohalloween en VigoRUTA DE MOTOS | VIGO

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X