"Cazafantasmas" pecha o ciclo de cine ao aire libre "Moaña Son de Cine"

Publicidad

O verán é sinómimo de praia e bo tempo. Pero tamén de cine ao aire libre. Moaña organizou nestes dous últimos meses un total de sete funcións dentro do ciclo "Moaña Son de Cine", un programa que este ano celebra a súa terceira edición e que finaliza este xoves 6 de setembro coa proxección dun clásico da historia do sétimo arte, "Cazafantasmas". os interesados en ver a película protagonizada, entre outros, por Bill Murray ou Sigourney Weaver deben acudir ao aparcadoiro do Centro Sociocultural Aparcadoiro do Pazo do Real.

A proxección de "Cazafantasmas" está organizada polo Concello de Moaña en colaboración coa Asociación Veciñal O Real. O filme comezará ás 21:30 horas. Será o último dos sete pases que tiveron lugar este verán nun "Moaña Son de Cine" que levou a sétima arte ás parroquias da localidade do Morrazo e que, con respecto á pasada edición, engadiu unha sesión máis.

Sinopse de "Cazafantasmas"

Ós doutores Venkman, Stantz y Spengler, expertos en parapsicoloxía, non lles conceden unha bolsa de investigación que solicitaron. Ao atoparse sen traballo, deciden fundar a empresa "Cazafantasmas", adicada a limpar Nueva York de ectoplasmas. O aumento repentino de aparicións espectrais na cidade será o presaxio da chegada dun perigoso e poderoso demo.

Salir de la versión móvil