• Guía Navidad Vigo
  • Vigo Vertical
  • Nueva etapa cafetería Vigo
  • Mercado Vialia Vigo
  • Novedad en Vigo
  • Mapa Artístico Vigo
  • Mercadillo Vigo
  • Fiesta Zorza
  • Magosto Ons
  • Cine gratis
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

Charlas, gastronomía e música para celebrar as Letras Galegas dedicadas a Fernández del Riego

A Xunta destaca a Fernández del Riego como un dos "arquitectos" da literatura galega
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
06/05/2023

Charlas, espectáculos de teatro e cociña, contadas, publicacións, obradoiros e exposicións para celebrar a Letras Galegas, dedicada este ano a Francisco Fernández del Riego. Así celebrará a Deputación de Pontevedra o Día das Letras Galegas, co obxetivo de "poñer en valor a lingua e a identidade do país e o compromiso político coa galeguidade do autor homenaxeado", indicaron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a deputada de Lingua e Memoria Histórica, María Ortega.

A primeira actividade que se desenvolverá no marco do programa das Letras Galegas da Deputación é un acto aberto ao público no que, da man da editorial Galaxia, a docente e escritora Malores Villanueva realizará unha palestra sobre Del Riego. A cita será o próximo sábado 13 de maio ás 11:30 horas e será necesario incribirse previamente a través do correo electrónico lingua@depo.gal.

Másnoticias

Vaciar un piso convirtiéndolo en mercadillo, la nueva iniciativa que ha llegado a Vigo

Libros, vajillas y objetos de decoración en un piso de Vigo que se convertirá en un mercadillo

13/11/2025
Caballero cifra en casi 400.000 las visitas en el primer fin de semana de Navidad en Vigo

La mejor guía de la Navidad de Vigo 2025 con horarios, precios, atracciones y photocalls

13/11/2025

A parte didáctica estará acompañada por outra gastronómica, posto que ‘Don Paco’, como adoitaba chamarlle a xente, “era un gran comellón”. “A difícil tarefa de facer unha demostración de cociña en vivo e un petisco que lle prestase a Del Riego encargámoslla a Rubén González, do Cafetín Pontevedra, galardoado con numerosos premios. El fará unha proposta gastronómica cos produtos favoritos de Del Riego, deixando a un lado a cebola como ingrediente, que parece ser que o autor detestaba”, explicou María Ortega.  Ademáis, neste evento repartirase unha copia do artigo "Fiestra sobor da lingua galega", publicado no xornal "A Nosa Terra" en 1932.  O auto afirma nel, que “na lingua, seipano ou non os indiferentes, está o máis íntimo e san do noso esprito, fecundalo é laboura da nova Galicia, deixar desfaguerlo é o mesmo que se negar a si’.

Por outra banda, o luns 22 de maio desenvolverase unha actividade para rapazada de secundaria. Un espectáculo teatral titulado ‘Un optimista radical’ de Serafín Marcos, quen dende 2003 realiza un labor divulgativo das persoas homenaxeadas nas Letras Galegas, teatralizando vidas e obras, neste caso de Francisco Fernández del Riego. A representación fai un percorrido ameno, didáctico e participativo pola vida e obra do autor, descubrindo a un incansable loitador pola cultura galega partindo do seu epistolario con Carvalho Calero no cárcere de Xaén.

Tamén para a xente nova, xunto a Polo Correo do Vento, a Deputación levará a 35 concellos entre o 15 de maio e o 31 de xullo un contacontos no que se fará unha viaxe pola biografía do homenaxeado. As contadas, destinadas a público familiar, incluirán unha parte de ilustración a cargo de Carlos Taboada, e outra musical, na que se interpretará o ‘Rock de Paco del Riego’. O luns día 8 ábrese o prazo de solicitude para os concellos interesados.

Tamén se editará unha publicación destinada á rapazada elaborada por ‘Polo Correo do Vento’ co título ‘O camiño andado das letras’, un proxecto para celebrar o 60 aniversario das Letras Galegas cun percorrido polas persoas autoras ás que se lle dedicou historicamente a data máis importante da literatura galega. Esta publicación recollerá as 60 fichas que dende o pasado Día de Rosalía se foron publicando na web provincial de maneira diaria dedicadas ás persoas homenaxeadas, con ilustracións, datos e, segundo explicou Quique Mauricio, cun comentario persoal de Del Riego sobre cada unha, xa ben porque as coñecera ou porque escribira sobre elas.

Así mesmo, a Deputación vén de facer a compra de diferentes títulos realizados sobre Francisco  Fernández del Riego e realizará unha distribución entre as bibliotecas municipais e puntos de lectura de varias das obras, co fin de ampliar a dispoñibilidade da bibliografía a disposición de toda a cidadanía. Tamén están a disposición, lembrou María Ortega, máis de 400 referencias de e sobre o autor no buscador ATOPO do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación que se poden consultar ou levar en préstamo do Arquivo provincial.

Por último, froito da colaboración coa Fundación Penzol, o servizo de Cultura da Deputación programará obradoiros didácticos en centros educativos da provincia (tanto de Primaria como de Secundaria) para poñer en valor a figura de Fernández del Riego e o seu papel fundamental como valedor da cultura galega partindo dos fondos da fundación (literarios, epistolares, bibliográficos e artísticos), de cuxa biblioteca o autor fora director durante case medio século.

Ademais, xa cara a finais de ano, a Deputación e a Fundación organizarán unha exposición sobre o homenaxeado nas Letras Galegas que mesturará unha parte documental con fondos do autor e paneis informativos. A mostra estará dispoñible na sede de Vigo da Deputación aproveitando que foi a cidade onde pasou a maior parte da súa vida (e onde reside boa parte do seu legado) e tamén a súa condición de vigués distinguido.

Temas: GaliciaLetras GalegasVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vaciar un piso convirtiéndolo en mercadillo, la nueva iniciativa que ha llegado a Vigo
Qué hacer

Libros, vajillas y objetos de decoración en un piso de Vigo que se convertirá en un mercadillo

El Home Market de Vigo organiza un nuevo mercado en un piso. Así se le busca dar una segunda vida a muebles, libros y demás objetos

PorSara Rodríguez
13/11/2025
Caballero cifra en casi 400.000 las visitas en el primer fin de semana de Navidad en Vigo
Qué hacer

La mejor guía de la Navidad de Vigo 2025 con horarios, precios, atracciones y photocalls

Si ya te has hartado de buscar y no encontrar información real, guárdate la mejor guía de la Navidad de Vigo. Fechas, ubicaciones, novedades y más

PorMetropolitano
13/11/2025
Nace un mercadillo en Vialia Vigo en plena Navidad con ropa y accesorios de segunda mano
Qué hacer

Nace un mercadillo en Vialia Vigo en plena Navidad con ropa y accesorios de segunda mano

Llega a Vigo el Mercadillo Solidario Rotary. Una oportunidad perfecta para encontrar prendas de ropa y accesorios vintage de segunda mano

PorSara Rodríguez
13/11/2025
Sancionan a cuatro personas por pescar de forma ilegal en el Parque Nacional das Illas Atlánticas
Qué hacer

Viaje por la ría, ruta guiada por la isla y gastronomía para un espectacular magosto en las Ons

Piratas de Nabia organiza un magosto en las Ons para disfrutar de castañas, comida y hasta de una ruta guiada por la isla

PorIván Dacal
13/11/2025
La Semana de Cine Submarino de la UVigo ofrece más de una decena de proyecciones gratis en la ciudad
Qué hacer

La Semana de Cine Submarino de la UVigo ofrece más de una decena de proyecciones gratis en la ciudad

PorMiguel Alonso
13/11/2025

La Semana de Cine Submarino de la UVigo se celebra del 18 al 20 de noviembre y proyecta más de una decena de obras completamente gratis

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

15novTodo el díaEncendido de la Navidad de Vigo 2025STREAMING | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X