O proxecto “CinemAldea”, impulsado polo Festival de Cans e a Concellería de Cultura do Concello do Porriño para achegar o cinema ás zonas rurais, segue esta fin de semana o seu percorrido. Este sábado 23 de outubro, chegará a Asociación Cultural Mosteiro en Budiño ás 20,00 horas, e o domingo 24 á Asociación de Veciños Castelo de Cans, ás 19,30 horas. A entrada é gratuita, pero é preciso a inscrición previa nos respectivos centros culturais desde media hora antes, ata completar o aforo permitido.
“CinemAldea” segue o seu periplo, depois de comezar con éxito de público a pasada fin de semana, na Asociación Os Penediños de Atios, e nas asociacións A Forna e Chan-Casal de Budiño. Unha das premisas de “Cinemaldea”, ademáis de achegar o cinema ás zonas rurais sen acceso habitual ó cine, é promover nas vindeiras sesións o encontro de creadoras e creadores, e equipos das curtametraxes, co público asistente.
Este domingo en Cans terá lugar o primeiro destes encontros, coa presenza do cineasta de O Rosal Gon Caride, director da curta “Deux Options”, que acadou na última edición do Festival de Cans os Premios do Xurado ó Mellor Guión e á mellor interpretación masculina para os actores Jan Soja e Noël Faure. Caride estará en Cans para falar co público da realización desta curtametraxe sobre o racismo, a inmigración e a solidariedade. A obra está a ter un impresionante percorrido internacional. Leva máis de 60 seleccións en festivais de diversos países do mundo, desde Estados Unidos a Xapón, pasando por Francia, Alemaña, Arxentina ou Canadá, e foi recoñecida con dez premios internacionais.
Ademáis de “Deux options”, o público poderá ver en “CinemAldea”, a curta “Monte Bravo” de Noelia Muíño, gañadora na última edición de Cans do Premio do Xurado á mellor curtametraxe de ficción é á Mellor Realización, “Homeless Home” de Alberto Vázquez, Mellor curta de Animación e finalista dos Premios Goya, e “O son da balea” de Daniel Suárez-Rubini, que levou o Premio do Público. Como introdución, haberá unha proxeción do documental “Cans 20, Cans sen máscara”, de Isaura Docampo, sobre as dificultades de realizar un documental en plena pandemia.
“CinemAldea” continuará as súas proxecións o o sábado 6 e domingo 7 de novembro en Chenlo e Mosende, e o ciclo rematará o sábado 13 e o domingo 14 de novembro en Carracido e Torneiros.
Bueu busca poner en valor la hostelería y el comercio local con su Mercado de Navidad. Ofrecerá comida, artesanía, música y mucho más
Anunciado un concierto en Galicia la próxima primavera en Galicia. Los fans de OT podrán ver en directo a los concursantes de esta edición
"Polas que coidan. Dignidade e loita" es el lema de la manifestación convocada para el 25-N por la tarde en Vigo
Así es la food truck que estará en Vigo solo por Navidad. Consulta todas las claves para disfrutar de este pollo único en toda España
Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL