Concerto de Xabier Diaz, Adufeiras e Guadi Galego en Pontevedra para celebrar o desconfinamento

Publicidad

Pontevedra prepara un concerto ao aire libre para un máximo de 600 persoas como gran aposta para a volta á normalidade da cultura e da música ao vivo. A explanada do Pazo da Cultura da cidade do Lérez acollerá o sábado 4 de xullo ás 20:00 horas un concerto de luxo con Guadi Galgo e Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre. 

Xabier Diaz e as Adufeiras de Salitre estaban programandas para As Matinés do Principal o pasado mes de maio e Guadi Galego para outubro dentro de Voices. Agora, dende o concello apostan por combinalos nun espazo amplo, como é a explanada do Pazo da Cultura, para asegurar que se poida asegurar a distancia de seguridade. "Faremos un esforzo enorme de produción e inversión para que sexa un espazo seguro onde gozar sen medo e con tranquilidade", explican dende o Goberno local.

Este será o primeiro concerto  da xira de “As catedrais silenciadas”, a terceira entrega da aventura de Xabier Díaz xunto ás Adufeiras de Salitre. O tour quedara cancelado pola pandemia do coronavirus. Pola súa parte, Guadi Galego chegará á Boa Vila con “Immersión”, o seu novo álbum que se erixe como unha revisión en varias linguas afíns a Guadi, por territorio, cultura e emoción.

"Cumprimos o compromiso que temos coa cultura galega para que se recupere deste golpe e tamén de reactivación da economía, empregando máis de 15 empresas do sector cultural e servizos e preto de 50 persoas. Tamén agardamos que teña impacto no sector da hostelaría e que a xente que se achegue ao concerto visite e consuma -con sentidiño- na nosa cidade", expresou esta mañá a concelleira de Cultura, Carme Fouces.

As 600 entradas estarán dispoñibles a partir do mércores 10 de xuño a través de Ataquilla a partir de 18 euros.

Salir de la versión móvil