Pontevedra prepara un concerto ao aire libre para un máximo de 600 persoas como gran aposta para a volta á normalidade da cultura e da música ao vivo. A explanada do Pazo da Cultura da cidade do Lérez acollerá o sábado 4 de xullo ás 20:00 horas un concerto de luxo con Guadi Galgo e Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre.
Xabier Diaz e as Adufeiras de Salitre estaban programandas para As Matinés do Principal o pasado mes de maio e Guadi Galego para outubro dentro de Voices. Agora, dende o concello apostan por combinalos nun espazo amplo, como é a explanada do Pazo da Cultura, para asegurar que se poida asegurar a distancia de seguridade. "Faremos un esforzo enorme de produción e inversión para que sexa un espazo seguro onde gozar sen medo e con tranquilidade", explican dende o Goberno local.
Este será o primeiro concerto da xira de “As catedrais silenciadas”, a terceira entrega da aventura de Xabier Díaz xunto ás Adufeiras de Salitre. O tour quedara cancelado pola pandemia do coronavirus. Pola súa parte, Guadi Galego chegará á Boa Vila con “Immersión”, o seu novo álbum que se erixe como unha revisión en varias linguas afíns a Guadi, por territorio, cultura e emoción.
"Cumprimos o compromiso que temos coa cultura galega para que se recupere deste golpe e tamén de reactivación da economía, empregando máis de 15 empresas do sector cultural e servizos e preto de 50 persoas. Tamén agardamos que teña impacto no sector da hostelaría e que a xente que se achegue ao concerto visite e consuma -con sentidiño- na nosa cidade", expresou esta mañá a concelleira de Cultura, Carme Fouces.
As 600 entradas estarán dispoñibles a partir do mércores 10 de xuño a través de Ataquilla a partir de 18 euros.
¿Cómo aprovechar al máximo este fin de semana en Vigo, su área y el norte de Portugal? Descubre todos los planes que no te puedes perder
La serie Oasis se estrenará en primicia en Vigo casi a orillas del mar. Habrá una alfombra azul con el elenco y un photocall
El Chiringuito de Alcabre ofrece este mes numerosos conciertos con diferentes bandas. Estas son las fechas elegidas para las actuaciones
Bajo el lema “20 años siendo tu punto de encuentro”, Gran Vía de Vigo ha preparado una programación pensada para todos los públicos
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL