• Plan Tráfico Navidad
  • Encendido Navidad Vigo
  • Photocall O Porriño
  • Alameda Vigo
  • Belén Monumental
  • Fiestas gastro Galicia
  • Casa Ribeira Sacra
  • Planes finde
  • Guía Navidad Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Daniel Monzón e a estrea da serie Rapa, grandes reclamos do Festival de Cans

Daniel Monzón e a estrea da serie Rapa, grandes reclamos do Festival de Cans

XAVI IGLESIAS

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
03/05/2022

O Festival de Cans, que se celebra do 17 ao 21 de maio, e suma unha xornada de introdución previa ao Día das Letras, volve á primavera, coas súas datas tradicionais, cos desfiles de chimpíns e cos concertos gratuítos en lugares emblemáticos como o Torreiro de Cans. Precisamente, este espazo acolleu este mediodía a presentación da décimo novena edición do certame.

“Unha gran sección oficial, con múltiples actividades paralelas para todos os públicos, a presenza de destacados cineastas e intérpretes, música, libros e coloquios”, eis os eixes que sustentan esta proposta cultural e a programación do certame este ano. Así o indicou o seu director, Alfonso Pato, quen deu a coñecer tres dos pratos fortes, como serán o coloquio na leira co cineasta Daniel Monzón, o concerto na Leira do Río, de Amparanoia e a apertura do certame, que será co primeiro capítulo da serie Rapa de Jorge Coira.

Másnoticias

O Porriño estrenará un enorme photocall de 8 metros para declarar el orgullo porriñés

O Porriño estrenará un enorme photocall de 8 metros para declarar el orgullo porriñés

15/11/2025
Llega la Festa da Zorza de Figueiró, en Tomiño, con "comida a esgalla" y vino gratis

Pinchos, Festa da Zorza, magosto y cine gratis, O Porriño propone una explosión de ocio este finde

14/11/2025

Durante catro días, terán lugar preto de 40 actividades, dende proxeccións a roteiros, máis dunha vintena de concertos, exposicións ou coloquios. O Festival recupera ademais este ano algúns dos seus espazos máis emblemáticos. Ademais das proxeccións en casas, baixos e cubertos da aldea, que aumentan a súa capacidade, ou o Invernadoiro de Mucha e Juan do Peso, a noite dos videoclips volve o xoves á praza do Concello do Porriño e recupéranse os concertos gratuítos nocturnos na Leira do Río.

Ese será o epicentro desta edición, o lugar das grandes homenaxes, o coloquio, a entrega de premios e os principais concertos, que o venres suman ao cartel á madrileña Amparo Sánchez, Amparanoia, que celebra 25 anos de carreira musical como pioneira da mestizaxe de estilos e que porá a bailar ao público a golpe de fusión de ritmos, da cumbia ao reggae caribeño, pasando polo pop progresivo, a electrónica ou o hip hop.

Na presentación do XVIII Festival de Cans participaron representantes das administracións que apoian esta iniciativa coma o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, a deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo. Este último destacou a maxia do lugar, da veciñanza, e o trampolín para creadores deste festival, que dixo "sitúan O Porriño no máis alto da cultura".

No mesmo sentido pronunciouse Román Rodríguez, quen recoñeceu estar enganchado ao festival de Cans "tanto no persoal coma no profesional", e parabenizou a organización por continuar durante este dous anos tan malos". O conselleiro de Cultura afirmou que o de Cans é un festival que nos proxecta e que xera un retorno económico significativo. Pola súa banda, Victoria Alonso, destacou o carácter inclusivo e con perspectiva de xénero da programación. "Poucos festivais teñen tanto talento feminino coma Cans", remarcou, para indicar que se trata do terceiro evento cultural máis importante de Galicia.

Apertura do festival e proxección de longametraxes

Rapa, a última serie dos creadores da exitosa Hierro, dirixida por Jorge Coira, que suma unha nova proposta ao Galician noir e se estrea ese día na plataforma dixital, será a encargada de abrir esta XIX edición do festival, o xoves 19 no Círculo Recreativo Cultural do Porriño. Desfilarán en chimpín e protagonizarán un coloquio ao remate da proxección os guionistas Pepe Coira e Fran Araújo, e parte do elenco con Mónica López, Lucía Veiga, Eva Fernández, Ricardo de Barreiro e Mabel Rivera que protagonizarán un coloquio ao remate da proxección do primeiro capítulo o xoves 19 de maio.

Ademais das obras a concurso, o Festival de Cans estreará Sinais Furtivos, unha retrospectiva das pezas curtas da cineasta Margarita Ledo, que participará na proxección destas obras, algunhas delas inéditas e que este ano recollerá o Premio Pedigree. Acompañarana na noite das homenaxes os chimpíns de prata Federico Pérez e Javier Tolentino, ademais dos veciños Alfonso González e Marisol Troncoso.

As longametraxes Malencolía, de Alfonso Zarauza, Valentina, de Chelo Loureiro, e Un Blues para Teherán, de Javier Tolentino, son outras das proxeccións que se realizarán fóra da sección oficial e que contarán coa presenza dos realizadores. No caso do xornalista Javier Tolentino, tamén o poderemos ver no xurado de Furacáns e presentando o work in progress do seu novo filme Mar Rojo en “A que andas?”, dentro das actividades paralelas. Xunto a el, presentarán propostas Rafa de los Arcos, Noelia Muíño, Samuel Lema, Olga Osorio e Miguel Ángel Delgado.

Diálogos, coloquios e correspondencias

O director portugués João Nicolau, o mallorquino Daniel Monzón e os galegos Ignacio Vilar ou Alfonso Zarauza pasarán este ano tamén por Cans xunto a actores como Chechu Salgado, Tamar Novas e Federico Pérez ou as actrices Melania Cruz e Mabel Rivera. Tamén o farán realizadores e integrantes dos equipos das curtametraxes que participan na sección oficial deste XVIII Festival de Cans.

O público do Festival de Cans poderá participar nun coloquio co realizador João Nicolau, un dos representantes máis interesantes do novo cinema portugués, que que fará unha introdución das catro curtas incluídas na retrospectiva que se presenta no marco do festival. Será o protagonista do foco internacional desta edición, que inclúe a proxección previa ao certame das súas tres longametraxes no Centro Cultural do Porriño: A rosa e a espada, John From e Technoboss.

A promoción do diálogo cos cineastas, e entre cineastas, continúa a estar entre os eixos de traballo do certame. O Festival de Cans inaugurou a pasada edición a sección “Correspondencias” con clara vocación internacional e co obxectivo posto en tender pontes entre cineastas españois e latinoamericanos. Este ano proxéctase a segunda parte da correspondencia fílmica cruzada entre o galego Eloy Domínguez e o colombiano Samuel Moreno.

 

Temas: A LouriñaFestival de CansO Porriño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Pasos que salvan vidas, esta es la andaina solidaria que propone Baiona
Qué hacer

Pasos que salvan vidas, esta es la andaina solidaria que propone Baiona

Baiona organiza una andaina saludable. Es una actividad para promover hábitos saludables y concienciar sobre la prevención contra el cáncer de pulmón

PorSara Rodríguez
15/11/2025
Nace en Mos un festival centrado en las rondallas con concurso, coloquio, concierto y talleres
Qué hacer

Nace en Mos un festival centrado en las rondallas con concurso, coloquio, concierto y talleres

El Rondallas Fest se celebrará en diciembre en el Pazo de Mos. Participarán diferentes agrupaciones musicales del área de Vigo

PorIván Dacal
15/11/2025
Catas, degustación, showcookings y conciertos en una fiesta de "espumantes" en el norte de Portugal
Qué hacer

Catas, degustación, showcookings y conciertos en una fiesta de "espumantes" en el norte de Portugal

La Festa do Espumante de Melgaço promete tres intensos días de actividades. Habrá catas, showcookings, conciertos y degustaciones

PorIván Dacal
15/11/2025
Una de las atracciones gratuitas de la Navidad de Vigo abre sus puertas, así es el Belén Monumental
Qué hacer

Vigo abre este domingo una de sus atracciones gratuitas de la Navidad, el Belén Monumental

Uno de los atractivos gratuitos de la Navidad de Vigo, su Belén Monumental, se podrá visitar en la Casa das Artes de forma gratuita

PorIván Dacal
15/11/2025
Las tres universidades gallegas, Educación y Sanidade avalan el acuerdo para descentralizar Medicina
Enfoque

Las tres universidades gallegas, Educación y Sanidade avalan el acuerdo para descentralizar Medicina

PorEuropa Press
15/11/2025

Este preacuerdo está pendiente de la aprobación por el grupo de trabajo creado expresamente para este tema

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

15novTodo el díaEncendido de la Navidad de Vigo 2025STREAMING | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X