Nova parada no xa tradicional roteiro de jazz que arranca en Vigo, vira cara Nigrán e fai parada en Moaña. É a quenda agora de Cangas coa XXI edición do Canjazz. O festival morracense contará este ano coa súa tradicional estrutura, con catro grandes concertos no Eirado do Costal.
A cita arrancará este domingo, 19 de agosto, coa Orquestra de Jazz do Porto. Esta banda creada no ano 2017 por un grupo de mozos artistas da cidade portuguesa, vai traer as sonoridades do swing dos anos 30 e 40, interpretando unha selección de coñecidos temas da época das big bands.
O luns 20 imos será a quenda da banda do contrabaixista grego residente en Nova York Petros Klampanis, que estará acompañado polo estoniano Kristjan Randalu no piano e o israelí Ofri Nehemya na batería. Un proxecto de primeirísima liña que chega a Cangas despois de ser presentado en salas como o Carnegie Hall ou o Lincoln Center. Un concerto de jazz contemporáneo con influencias da música folclórica balcánica e mediterránea.
O martes 21 tomará a testemuña María Toro, que vai estar presentando o seu traballo "A Contraluz", gravado en Nova York en 2014 e con claros trazos flamencos. A frautista coruñesa, que viviu nos últimos anos en Brasil, onde colaborou con artistas da talla de Hermeto Pascual, vai estar acompañada no Canjazz polo salmantino Daniel García Diego no Piano, o cubano Reinier Elizarde "El Negrón" no contrabaixo e o iraniano Shayan Fathi na batería.
O peche do festival, a noite do mércores 22, correrá a cargo do contrabaixista arxentino asentado en Portugal Demian Cabaud, presentando o seu último disco "Astah". Este proxecto, un quinteto moi especial con dúas baterías, está enraizado no jazz tradicional, con moitos momentos de improvisación libre e unha pequena dose de música tradicional da Arxentina.
A banda complétana o saxofonista cubano Ariel Brínguez, os cangueses Xan Campos no piano e Iago Fernández nunha das baterías, e a lenda viva do jazz Jeff Williams na outra batería. Ademais dos concertos do Eirado do Costal, o jazz vai inundar todos os recunchos da vila durante os catro días de festival. Teremos as habituais sesións vermú en diversos emprazamentos e as imprescindibles jam sessions que levarán a música ata a madrugada.
El Outono Gastronómico de Mos propone diferentes propuestas culinarias. Consulta aquí todo lo que se puede degustar en noviembre
Nigrán ofrece este fin de semana una nueva ruta gratuita por el municipio. Propone descubrir los secretos de Monteferro y sus murales
Un local de Vigo ya ofrece la oportunidad para degustar su auténtico panettone. Regalarán un pedacito con las bebidas durante estos días
Piratas de Nabia ofrece la oportunidad de descubrir la Navidad de Vigo de una forma única. Así es su paseo nocturno con chocolatada y música
El grupo biofarmacéutico entregará sus reconocimientos anuales en una gala que tendrá lugar el próximo martes 11 de noviembre
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL