• Heladería en Vigo
  • Coche Praza América
  • Terrazas en Vigo
  • Trenes Cercanías Galicia
  • Agresión sexual Vigo
  • Hamburguesas gratis Vigo
  • Festa Viño Tinto
  • Bono Activa Comercio
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

Doce roteiros gratuítos para gozar da arquitectura e a literatura da provincia

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
28/08/2020

A Deputación de Pontevedra segue a camiñar na “Re-Acción Cultural” da provincia coas dúas novas edicións dos Roteiros Literarios e os de Arquitectura que se levarán a cabo nos meses de setembro e outubro por diversos espazos da provincia. A presidenta da institución provincial, Carmela Silva, destacou na presentación destas actividades a colaboración respectiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e da Academia Galega de Belas Artes, cuxos representantes Césareo Sánchez Iglesias e Celestino García Braña participaron no acto.

Os Roteiros constarán dun total de 12 rutas (seis literarias e seis de arquitectura), nas que se ofertarán 24 prazas en cada unha e que percorrerán 14 concellos da provincia. Como explicou Silva, os Roteiros Literarios desenvolveranse os domingos a partir do 6 de setembro en horario de mañá (11:30 a 13:00 horas) e serán paseos por seis cidades e vilas escenario de obras literarias. Terán como guías a autores e autoras da AELG, que tomarán como base obras propias ou alleas. Neste senso, Carmela Silva destacou a labor do colectivo que preside Cesáreo Sánchez na “revolución cultural que sobre todo na escrita está a vivir Galicia”. “Non sei se sairemos mellores ou peores da pandemia, pero a cultura permite construír sociedades mellores, non teño dúbida nin esta Administración tampouco. Por iso imos continuar celebrando estas actividades, incluso conxugándoas en vindeiras edicións, porque a arquitectura é o lugar onde descansa a vida física e a literatura onde descansa a vida toda”.

Másnoticias

Denuncian en Vigo la desaparición de una escultura de los jardines de Castrelos

02/06/2025

Un nuevo local aterriza en Vigo con hasta 150 hamburguesas gratis en su inauguración

02/06/2025

As camiñadas literarias arrancarán o 6 de setembro en Baiona, onde Iria Misa comentará os escenarios da súa obra Segredos no solpor. Continuarán logo en Vilagarcía (13 de setembro) cun roteiro arredor de O xardineiro dos ingleses, que conducirá o escritor desta obra, Marcos Calveiro e en Cerdedo-Cotobade (20 de setembro), coa ruta literaria e etnográfica que guiará o profesor e etnógrafo Carlos Solla. Posteriormente, o 27 de setembro Manrique Fernández conducirá un paseo polos espazos vinculados á literatura en Ponteareas e o 4 de outubro Xosé Monteagudo fará un repaso pola vida cultural, política e social na cidade de Pontevedra, protagonista da súa obra Todo canto fomos. Os roteiros rematarán o 10 de outubro coa ruta guiada por Anselmo López Carreira sobre o Vigo Medieval.

Tras dar a coñecer os itinerarios, o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, destacou a colaboración da Deputación neste proxecto que “fai que a literatura non só sexa territorio presente senón tamén territorio de soños e de futuro”. “Dalgunha maneira o libro podería ser tamén a construción da arquitectura da alma”, engadiu o escritor, para quen “a riqueza do patrimonio cultural na provincia de Pontevedra provoca esa outra riqueza que é darlle contido literario, facer que os lugares sexan habitados por personaxes reais ou soñados. É outra maneira de que as cidades e vilas, os lugares vivan”. “Esta recreación literaria -agregou- tamén é unha maneira de que as novas xeracións poidan vivir actualmente en territorios que son construídos por moitas outras, que nos trouxeron o legado do seu patrimonio inmaterial e material e que farán que permanezan nos lectores. Porque todo lector que recorde un lugar físico, un territorio, atopará claves para darlle sentido a aquelo que previamente le”.

En canto aos Roteiros de Arquitectura, este ano terán como eixo central o Barroco, despois da conmemoración do Día das Artes Galegas deste ano dedicada á figura do arquitecto Domingo de Andrade. Carmela Silva subliñou que “serán visitas sobre época, ética e estética” a diversos espazos barrocos da provincia e que guiadas por tres destacadas mulleres expertas en arquitectura e historia, Estefanía López, Paula Pita e Luz Paz. “Creo que isto tamén visibiliza o moito que as mulleres teñen aportado á arquitectura e a todos os eidos”, sinalou.

Neste caso, os paseos chegarán a todas as comarcas da provincia e serán os sábados en horario de mañá. Comezarán o 12 de setembro en escenarios barrocos de Pontevedra e Poio, para continuar o 19 de setembro por espazos representativos deste estilo arquitectónico en Vilagarcía e Cambados e o día 26 por Tui, onde se visitará a catedral, precisamente unha das obras de Domingo de Andrade, e outros lugares en Salvaterra. Xa en outubro, o día 3 as rutas chegarán a diversos lugares dos concellos de Vigo, Nigrán e Baiona; o 10 de outubro a espazos barrocos de Bueu e Cangas e o día 17 finalizarán cunha ruta por pazos en Lalín e A Estrada.

O vicepresidente da Academia Galega das Belas Artes, Celestino García Braña, destacou que esta nova colaboración coa Deputación nos Roteiros dá continuidade á anterior sobre arquitectura moderna e destacou a Domingo de Andrade como “o gran arquitecto do século XVII”. “Nestas rutas falaremos do Barroco galego como expresión dun momento determinado, dunhas ansias da sociedade de expresar en que consistía a vida a mediados do século XVII -indicou-. Os pazos, igrexas e rúas que se van percorrer teñen que ver coa expresión arquitectónica dese século”. García Braña quixo reivindicar na súa intervención “o senso profundo que ten a arquitectura”. “Manter os edificios en boas condicións é un papel fundamental porque entronca coa nosa tradición -indicou- . Porque a arquitectura ampara a vida. Que diferente é confinarse nunhas condicións ou outras. Se a felicidade existe, que pode ser, tense que dar en espazos agradables, se non, non hai felicidade. Estes roteiros son momentos para explicar o sentido profundo da vida, á que acompaña sempre a arquitectura”.

O desenvolvemento destas rutas, como subliñou Carmela Silva, estará guiado por un estrito protocolo “con todas as medidas de seguridade e garantías sanitarias” e, de feito, os desprazamentos aos lugares de partida deberán facerse por medios particulares. Será obrigado o uso de máscara. As inscricións poden realizarse xa no enderezo electrónico roteiros.cultura@depo.gal, indicando cal é a ruta escollida, os nomes das persoas participantes (máximo de 4 por reserva) e un teléfono de contacto.

Temas: BaionaBueuCangasDeputación de PontevedraNigránO CondadoO MorrazoO Val MiñorPonteareasroteiros literariosVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

La Orquesta Panorama, durante una actuación // PANORAMA
Fiestas

Vino gratis, fuegos artificiales y la Panorama en la Festa do Viño Tinto, a menos de 1 hora de Vigo

Arranca la rueda de las fiestas gastronómicas en Galicia de cara al verano. Apúntate esta cita con el vino y la verbena, a menos de una hora de Vigo

PorAlfredo Teja
02/06/2025
Sesión de djs (Foto: Freepik)
Música

Cinco artistas pondrán la música en el festival gratuito Budiño Fest en O Porriño

El Budiño Fest, que se celebra el próximo 7 de junio, tendrá la entrada completamente gratuita para los asistentes

PorIván Dacal
01/06/2025
Foto: El Combo Dominicano.
Fiestas

El Combo Dominicano anuncia su gira de actuaciones de junio por Galicia, con cuatro paradas en Pontevedra

El Combo Dominicano recorrerá Galicia durante este mes de junio. ¡Descubre aquí dónde y cuándo actuará en la provincia de Pontevedra!

PorIván Dacal
01/06/2025
Fiestas

Olympus, Panorama City y Marbella, las orquestas de una gran fiesta en la provincia de Pontevedra

Las fiestas de Rodeiro, en la provincia de Pontevedra reúnen en junio a tres grandes orquestas: la Olympus, la Panorama City y Marbella

PorIván Dacal
01/06/2025
Enfoque

A Universidade de Vigo converte Lalín na capital galega da ciencia

PorMetropolitano
30/05/2025

A visita de 240 escolares abriu un evento que continúa pola tarde

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X