O festival Revenidas que celebrará a súa 15º edición do 17 ao 19 de agosto, pecha o seu cartel coa incorporación de Enrique Villarreal, máis coñecido co nome artístico de El Drogas.
Enrique estivo durante case 30 anos en Barricada como cantante e baixista, tarefa que compaxinou con Txarrena e La venganza de la abuela. Conta no seu currículo case 20 discos de estudo, 7 de directo e outros tantos recompilatorios, máis de 2000 actuacións e máis dun centenar de colaboracións con outros artistas. Todo sen perder a esencia da rúa, un rock urbano con ramalazos punk e moi poucas florituras.
O artista chegará ata Vilaxoán o sábado 18 de agosto para compartir escenario con Tremenda Jauría, Steven 'n' Seagulls, Cuarta Xusta, NH3, Glaukoma e Isaac Peces DJ. O venres 17 de agosto, o público poderá gozar das actuacións de Soziedad Alkoholika, Ayax y Prok, The Real Mckenzies, Ezetaerre, Joan Garriga e Galactic Mariatxis, Balkan Bomba, Keltoi! e María Turme DJ; e o domingo 19 o ritmo correrá da conta de Russkaja, Dakidarría, Banda Xangai, Zoo, Xavi Sarrià i el Cor de la Fera, High Paw & Elephand Yard, El Diluvi, Auxili e The Dawlins.
Organizan un rastrexo en uno de los paraísos naturales de Galicia, una actividad que culminará degustando una deliciosa queimada
El trío cómico de Javier Veiga, David Amor y Rober Bodegas llegarán el 27 de diciembre a Vigo con su esperado espectáculo ESFÍNTER 5
La Motohalloween se celebrará el 26 de octubre y hará una ruta por las carreteras de Vigo con los disfraces más terroríficos
El norte de Portugal acoge una iniciativa pensada en el bienestar. Habrá masajes, servicio de estética y música medicinal
Unha trintena de persoas integran a formación musical que acaba de iniciar os ensaios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL