Nova parada do proxecto Eurochef. Os chefs Iván Méndez e Álex Iglesias levarán a súa maxia tras os fogóns a Nigrán, que acollerá un showcooking o vindeiro martes 12 de outubro ás 12.00 horas na Praza do Concello. A actividade será completamente de balde e con aforo limitado. As persoas interesadas en participar xa poden facer a súa inscrición a través da páxina web de Eurural. Dende Eurural e todos os grupos de desenvolvemento rural participantes no proxecto Eurochef agradécese a colaboración do Concello de Nigrán e convídase a toda a veciñanza a desfrutar deste novo evento.
O showcooking forma parte do programa de actividades de Eurochef Project, un proxecto de cooperación transnacional Leader liderado por Eurural e no que tamén participan o grupo de desenvolvemento rural galego Pontevedra Norte e o romanés de Bucovina de Munte. Con esta iniciativa búscase fusionar cociñas para dar a coñecer os produtos dos tres territorios máis alá das fronteiras, intercambiar experiencias, fomentar o turismo gastronómico e crear novos mercados noutros países.
O proxecto conta cun orzamento de 300.000 euros, dos que os grupos de desenvolvemento galegos achegan 112.000 euros financiados ao 90% pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural, dentro da medida 19.3 de cooperación a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader.
Reabre uno de los locales más comprometidos con el público celiaco y con alergias de Vigo. Así será su nuevo espacio gastro
¡Date prisa! Avempo cierra a las 23:59 horas las inscripciones para participar en la prueba que se celebra el próximo 26 de octubre en Vigo
Evento especial para rendir tributo a Iago Aspas, que, si juega el jueves, será el futbolista con más partidos de la historia del Celta
Aberta ao público, terá lugar este mércores 22 na Facultade de Comunicación da UVigo en Pontevedra
Aberta ao público, terá lugar este mércores 22 na Facultade de Comunicación da UVigo en Pontevedra
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL