O éxito dos concertos vai máis alá de Castrelos. O recente “Solpores do Museo”, o ciclo que ten lugar este verán no Museo do Mar, xa esgotou todas as localidades gratuítas para os recitais que comezan este mesmo mércores 24 de xullo. A expectación por parte do público foi máximo. En tan só dúas xornadas esgotáronse todas as entradas para gozar das seis citas musicais desde “Solpores do Museo” que combina a maxia da posta do sol coa boa música nun exclusivo ambiente cun aforo limitado a 300 persoas por sesión.
O ciclo busca ademais dinamizar os espazos de lecer do Museo do Mar e contribuír á oferta do centro cultural. Os concertos, que se desenvolverán ao atardecer, terán como valor engadido o espectacular solpor na ría de Vigo, unha estampa aderezada tamén pola calidade arquitectónica do edificio do Museo do Mar.
As seis citas semanais celebraranse ata finais de agosto e contarán con artistas de renome a nivel nacional e galego como Zenet, Joe Crepúsculo, Soleá Morente, Xosé Manuel Budiño ou Baiuca, que estarán acompañados de músicos vigueses como Amaro Ferreiro, Moon Cresta, Bluisvai ou Presumido.
A primeira sesión será este mércores 24, ás 20:30 horas, e terá un acento marcadamente galego coa participación de Baiuca e Presumido. As seguintes entregas de “Solpores do Museo” continuarán xa en agosto con Amaro Ferreiro e Villanueva (1 de agosto), con Moon Cresta e a banda Aurora & The Betrayers (8 de agosto), con Soleá Morente e Xosé Manuel Budiño (15 de agosto), con Joe Crepúsculo e Cora Velasco (22 de agosto) e con Zenet e Bliusvai (29 de agosto).
A organización habilitou en total 1.800 entradas gratuítas en só 48 horas tras a presentación que tivo lugar a pasada semana e que contou coa presenza do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro. O conselleiro celebrou nese acto a posta en marcha desta iniciativa por entender que “permitirá amosar todo o potencial do tecido cultural de Vigo e de Galicia en interacción con artistas foráneos”, xa que o proxecto nace coa vontade de poñer en valor o traballo dos artistas locais artellando unha programación transversal xunto a outros artistas de renome nacional.
Vigo acoge el próximo fin de semana la primera edición del Vintax Market. Habrá joyas artesanales y ropa de segunda mano y elaboración propia
Una asociación de Mos organiza una gran "xuntanza" donde disfrutar de choripanes, música y grandes sorteos para todo el mundo
Una nueva actividad ciclista entre Nigrán y Portugal anima a los amantes del deporte a sumarse a esta novedosa iniciativa
Poio tendrá cinco grandes verbenas con algunas de las orquestas "destacadas" de Galicia para celebrar el San Xoán. ¡Así será la fiesta!
O prazo de inscrición para este título xa está aberto
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL