O Concello de Nigrán repetirá este ano o seu programa "Música nas Parroquias" para que se poidan celebrar todas as festas patronais do municipio, xa que novamente ou ben non se constituíron comisións organizadoras por mor da crise do Covid-19 ou estas tiveron totalmente limitada a posibilidade de recadar fondos. Estas arrancaron esta fin de semana con San Xosé de Chandebrito e San Antonio en Vilariño (ambas con programación o sábado e o domingo).
O Concello aumenta así o orzamento de 20.000 a 60.000 euros para que, coincidindo con cadanseu día grande, a veciñanza de cada parroquia o poida festexar con sesión vermú e/ou noctura e, a maiores, actividades pensadas para os cativos. Desde o goberno local adaptouse a programación á demanda de cada entidade implicada xeralmente na organización das festas.
“O ano pasado ofrecemos as actuacións das bandas de música en sesión vermú e actividades infantiles; este ano aumentamos o orzamento para que poidan dispor dalgún concerto máis a súa elección, dado que a situación sanitaria é mellor”, indica o alcalde, Juan González, quen destaca a presencia de Broken Peach en Panxón, Serafín Zubiri no Ceán, A Roda en Camos, América en Lourido, Bruxo Queimán en San Pedro, A Banda da Loba en Nigrán, Prosi en Parada, Cherry Sweet en Priegue e La Banda de Ayer en Vilariño.
Así, o programa arrancou este 12 e 13 de xuño para festexar San Antonio de Vilariño e San Xosé en Chandebrito e as seguintes citas serán San Xoan de Panxón o 23 e 24 de xuño, San Pedro da Ramallosa o 28 e 29 de xuño, Santiago de Parada o 24 de xullo, San Fiz de Nigrán o 31 de xullo e 1 de agosto, Virxe do Carme de Lourido o 14 de agosto, Virxe das Angustias de Nigrán o 15 de agosto, San Roque de Camos o 24 de agosto , finalmente, Bo Xesús de Priegue o 4 e 5 de setembro.
Vigo tendrá un portal al Jurásico con más de 30 dinosaurios en movimiento. Una sorprendente atracción única en toda España que llega por Navidad
Vigo Porté contará con la creadora japonesa-española como artista invitada en la presentación oficial de su próxima edición, el 29 de abril
PortAmérica anuncia los primeros integrantes del cartel de una edición que tendrá lugar del 9 al 11 de julio: entradas ya a la venta
El Centro Comercial A Laxe pone fecha a su particular encendido de Navidad. Un acto repleto de sorpresas y actuaciones gratis
Desde este martes pode verse no Museo a colección realizada con Bimba y Lola e Palomo Spain
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL