• Proyecto en Samil
  • Tradición de Navidad
  • Quiosco de Vigo
  • Encendido Baiona
  • 'Thriller' en Vigo
  • Explosión navideña
  • Carrusel Vigo
  • Talas en O Castro
  • Estrellas Michelin
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

Festival folk e da cultura tradicional en Tui para abrir a programación de verán con Xabier Díaz e Arxe

Leilía e Xabier Díaz encabezan o cartel do festival O Son do Pazo en Mos
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
06/07/2022

A praza de San Fernando e o Paseo da Corredoira serán os escenarios do II Festival da Cultura Tradicional e Folk que se celebra este venres, sábado, e domingo en Tui organizado pola Asociación Cultural San Telmo. Este evento abre a programación cultural do verán en Tui.

O festival comeza este venres ás 22 h na praza de San Fernando coa actuación do grupo Arxe, un grupo que se creou en 2018 mesturando a música de raíz coa música de autor facendo pezas que aglutinan a sabedoría popular, segundo hoxe explicaba Alba Faro. Este venres coma sinalou Marcos Campos presentarán os temas do seu primeiro disco “Arxe”, palabra que significa madeira e que é a materia prima de moitos dos instrumentos que empregan nas súas actuacións. No concerto poderemos escoitar composicións realizadas por membros do propio grupo xunto a outras da autoría de Ernesto Campos ou Pedro Lamas, e as recollidas da sabedoría popular. O sábado ás 19.30 h na praza de San Fernando celebrarase o VII Certame de Gaita e Tamboril. Un evento que explicaba Conchi Sales está consolidado e que contará este ano con participantes da Guarda, Tomiño, Vigo, Ferrol, A Coruña, Ourense e Madrid.

Másnoticias

Explosión navideña en la frontera entre Galicia y Portugal con encendidos top, mercados y más

Explosión navideña en la frontera entre Galicia y Portugal con encendidos top, mercados y más

25/11/2025
Estudian crear una mancomunidad del área de Vigo para abordar la crisis de Eiras

Estudian crear una mancomunidad del área de Vigo para abordar la crisis de Eiras

25/11/2025

Ás 22:30 h será a quenda de Xabier Díaz e Adufeiras presentando o seu traballo “As catedrais silenciadas”. Xabier Díaz afirmaba que “tocar no pórtico da Catedral é una regalo para calquera músico”, e lembraba coma para el “Tui é un lugar especial” porque de aquí era Álvarez Blázquez, un dos seus poetas de cabeceira, aquí en Paramos ofreceu un dos últimos concertos en xira con Berrogüeto, actuou dúas veces en Música no Claustro e unha no Teatro Municipal.

Xa o domingo, ao longo da xornada, na Corredoira haberá unha demostración de liño a cargo das integrantes da asociación “A Insua” de Vilalba, e a partir das 19 h celebrarase o VII Día da Muiñeira coa participación do doce agrupacións. Serán as tudenses Alfándega da Asociación Cultural San Telmo, O Mosteiro de Pexegueiro, Santa Columba de Ribadelouro, e Saragana da Asociación do Traxe Tradicional, xunto a As Flores do Galiñeiro de Vincios-Gondomar; o Helios de Bembrive, Vigo; A Solaina de Moaña; Pais de San Roque de Cangas; Anaquiños de Chapela; Trompos ós Pés de Marín; Nosa Terra de Pereiras; Arroases de Vigo. Desfilarán dende o edificio Francisco Sánchez até a Corredoira onde interpretarán muiñeiras e xotas enchendo de corido este céntrico paseo.

Na presentación do festival participaron Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, de Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente, Conchi Sales e a Ana María Pereira Sousa da Asociación Cultural San Telmo, Marcos Campos e Alba Faro do grupo Arxe e Xabier Díaz. O alcalde, Enrique Cabaleiro, reiteraba na presentación “as sinerxías que se teñen que producir para ter unha axenda cultural tan intensa coma ten o concello de Tui”. Para iso dicía que por unha parte está o interese da administración e por outra parte “as persoas que dedican parte da súa vida a promover as distintas manifestacións artísticas que hai no país”.

Dicía Enrique Cabaleiro que “a programación cultural deste concello forma parte do noso ADN é un legado que recibimos e todos temos a obriga de manter, seguir defendendo e apostando por ela, en máis un concello que ten un marcado carácter transfronteirizo”. Engadía que estes eventos contribúen tamén á dar a coñecer o patrimonio tudense polo “entorno único” no que se celebran. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, indicaba na presentación “esta é unha asociación do centro urbano de Tui “darlle os parabéns porque están levando a nosa cultura e a nosa tradición á cidade e a toda contorno” desexando que o público disfrute non só dos concertos senón tamén das nosas raíces que temos que ensinar e seguir fomentando”.

Temas: O Baixo MiñoTui
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Maratón de cine para acabar el año con hasta 7 proyecciones gratis en Covelo
Qué hacer

Maratón de cine para acabar el año con hasta 7 proyecciones gratis en Covelo

Covelo acogerá un maratón de cine y documentales de aquí a que acabe el año. Estas son todas las proyecciones que ofrecerá gratis

PorMetropolitano
25/11/2025
Explosión navideña en la frontera entre Galicia y Portugal con encendidos top, mercados y más
Qué hacer

Explosión navideña en la frontera entre Galicia y Portugal con encendidos top, mercados y más

La Navidad llega a la frontera entre Galicia y Portugal con varios eventos top. Así serán sus decoraciones y encendidos esta semana

PorSara Rodríguez
25/11/2025
Un mercadillo solidario ofrece en pleno centro de Vigo ropa, plantas, arte o muebles
Qué hacer

Vigo volverá a disfrutar de un mercadillo "lleno de energía bonita y con mucho buen rollo"

Un mercadillo solidario en favor de uno de los comedores sociales de Vigo. Ofrecerá productos artesanos y "buena energía"

PorSara Rodríguez
25/11/2025
Los mejores disfraces infantiles de temática viguesa tendrán premio en el Gran Vía de Vigo
Deportes

Desvelados todos los detalles de la San Silvestre de la Navidad de Vigo, que premiará a los disfraces

La prueba será no competitiva y con inscripción gratuita, pero premiará a los que lleven los mejores disfraces de esta Navidad en Vigo

PorÁngel Vila
25/11/2025
Arrancan las actividades en la ensenada de San Simón para visiblizar el trabajo de las mariscadoras
Enfoque

Arrancan las actividades en la ensenada de San Simón para visiblizar el trabajo de las mariscadoras

PorMetropolitano
25/11/2025

Mariscadoras, científicas y artistas unidas en un proyecto común: la búsqueda de un futuro sostenible para el marisqueo gallego

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X