"Flota como poidas" este domingo en Nigrán

Publicidad

O Concello de Nigrán asume por segundo ano consecutivo a organización da xa tradicional concentración de "artefactos flotantes" chamada "Flota como Poidas", que terá lugar o domingo 13 de agosto ás 18:30 horas na ponte de Ramallosa, concretamente no río Miñor.

Os interesados en participar na actividade lúdica teñen ata o día 11 para inscribirse, ben na oficina de información cidadá do Concello de Nigrán en horario de 09:00 a 14:00 horas ou enchendo o formulario que se facilita na web e enviándoo ao mail de info@nigran.org.

A recollida de dorsais para "Flota como Poidas" será no punto de saída o mesmo domingo 13 de agosto de 17:00 a 18:00 horas. É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante.

En que consiste "Flota como Poidas"?

O evento consta dunha baixada de artefactos flotantes polo río Miñor con saída e chegada ao mesmo punto nun percorrido circular. Non hai ningunha limitación para a imaxinación na construccións das "embarcacións", só que flote e podia navegar propulsado a remo ou a vela.

Premios para todos en "Flota como Poidas"

O Concello de Nigrán premiará o artefacto flotante máis traballo e ao máis cutre. Tamén será premiada a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida y participativa, o tripulante máis vello e o máis novo e ao "Titanic" da edición.

O obxectivo primordial é achegar aos veciños e visitantes ao mar, promovendo actividades que fomenten a afición pola cultura marítima e que os máis pequenos tomen conciencia da nosa cultura marítima ao tempo que se divirten.

Otras actividades

O "Flota como Poidas" coincidirá como cada ano coa feira de oportunidades Ovalmi e haberá tamén una actuación de Cultura no Camiño (Asacocirco Show ás 17:30 horas na Alameda de San Campio).

Salir de la versión móvil