O Concello de Nigrán asume por segundo ano consecutivo a organización da xa tradicional concentración de "artefactos flotantes" chamada "Flota como Poidas", que terá lugar o domingo 13 de agosto ás 18:30 horas na ponte de Ramallosa, concretamente no río Miñor.
Os interesados en participar na actividade lúdica teñen ata o día 11 para inscribirse, ben na oficina de información cidadá do Concello de Nigrán en horario de 09:00 a 14:00 horas ou enchendo o formulario que se facilita na web e enviándoo ao mail de [email protected].
A recollida de dorsais para "Flota como Poidas" será no punto de saída o mesmo domingo 13 de agosto de 17:00 a 18:00 horas. É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante.
O evento consta dunha baixada de artefactos flotantes polo río Miñor con saída e chegada ao mesmo punto nun percorrido circular. Non hai ningunha limitación para a imaxinación na construccións das "embarcacións", só que flote e podia navegar propulsado a remo ou a vela.
O Concello de Nigrán premiará o artefacto flotante máis traballo e ao máis cutre. Tamén será premiada a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida y participativa, o tripulante máis vello e o máis novo e ao "Titanic" da edición.
O obxectivo primordial é achegar aos veciños e visitantes ao mar, promovendo actividades que fomenten a afición pola cultura marítima e que os máis pequenos tomen conciencia da nosa cultura marítima ao tempo que se divirten.
O "Flota como Poidas" coincidirá como cada ano coa feira de oportunidades Ovalmi e haberá tamén una actuación de Cultura no Camiño (Asacocirco Show ás 17:30 horas na Alameda de San Campio).
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL