Fogos de artificio e Combo Dominicano pechan o día grande de San Telmo en Tui

Publicidad

Tui celebra este luns, 29 de abril, o día grande das Festas de San Telmo, unha xornada na que é festivo local no municipio. Os actos programados comezan na rúa Loureiro coa tradicional Feira Cabalar que reunirá a miles de persoas ao longo da mañá. Entre as actividades previstas estará o poni club para os máis pequenos, unha proba competitiva de potencia de salto a cabalo, ou unha exhibición de doma de alta escola a cargo da Asociación de Cabalo Galego. Tamén coma novidade este ano premiarase ao conxunto xinete/cabalo mellor presentado.

A parte musical da xornada correrá a cargo da charanga Cantos Somos que actuará polas rúas de Tui dende ás 12:00 horas, da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín que ofrecerá un concerto ás 18:00 horas na praza de San Fernando, e do Combo Dominicano que actuará na rúa Ourense dende as 19.30 horas e a partires das 0:00 horas, despois da tirada de fogos de artificio. 

Ás 17.00 horas o Teatro Municipal, na Área Panorámica, acolle a charla coloquio “R.C. Celta de Vigo… 95 anos de afouteza”. Nela farase un repaso por distintos momentos da historia celeste a través de futbolistas que marcaron ou van marcar unha época. Intervirán Manuel Rodríguez – Manolo, Vladimir Gudelj, Borja Oubiña e Brais Méndez. A charla será moderada por Justi Peixoto, exlocutor do programa “Escoita Deporte” da Radio Municipal de Tui. A entrada é libre é gratuíta ata completar capacidade.

PROGRAMACIÓN
• 09.00h - En San Bartolomeu Feira Cabalar de San Telmo. Actividades todo o día.
• 11.00h - Na Catedral misa na honra a San Telmo e procesión pola Coronilla.
• 12.00h - 14.00h Polas rúas de Tui actuación da Charanga “Cantos Somos”.
• 17.00h - Charla Coloquio: "RC Celta, 95 anos de afouteza" - Teatro Municipal
• 18.00h - Na Praza de San Fernando concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.*En caso de choiva cancelarase.
• 19.00h - Dende Praza de Galicia, entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, na Praza de San Telmo homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
• 19.30h a 21.00h - Na rúa Ourense, verbena co Combo Dominicano.
• 21.00h - Dende a Catedral e polas rúas de Tui solemne procesión de San Telmo.
• 22.15h - Na Praza de San Fernando ofrenda a San Telmo.
• 22.45h - Dende a Praza do Concello até a Praza da Inmaculada desfile de despedida das agrupacións musicais participantes na procesión.
• 23:30h - Dende a Alameda de San Domingos tirada de fogos de artificio.
• 00.00h a 01.30h - Na rúa Ourense, verbena co Combo Dominicano.

Salir de la versión móvil