A organización do Revenidas anuncia hoxe que o festival se celebrará nos próximos 9, 10, 11 e 12 de setembro. O festival vilaxoanés volverá combinar de novo actividades para todos os públicos con concertos -que anunciará a próxima semana-, música a bordo de embarcacións tradicionais e distintas actividades gastronómicas e interdisciplinarias ligadas ao territorio e á cultura mariñeira da zona e das Rías Baixas.
As persoas que, ao ter o seu abono mercado para a pasada edición e que quixeran gardalo para asistir nesta ao festival terán preferencia para canxealo automaticamente como premio á súa fidelidade. No caso de querer solicitar a devolución do seu importe, tamén será posible. A plataforma de venda contactará con todas as persoas compradoras para facilitarlles máis información e que poidan escoller a opción que mellor lles conveña.
Esta edición do festival pode levarse a cabo grazas a público, artistas e persoal traballador, pero tamén grazas ao apoio de varias institucións (Concello de Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas a través da súa marca Rías Baixas Fest, a Xunta de Galicia, Xacobeo 21 e Agadic a través da súa marca Fest Galicia) e patrocinadores privados como Mahou ou Deleite.
O Porriño anuncia un bombazo eurovisivo para su encendido de Navidad con un concierto gratis. Así será el despliegue que ha adelantado
El Concello de Nigrán ofrece este sábado en el Cine Municipal de A Ramallosa la película ‘Charlie y la fábrica de chocolate’
Arranca uno de los grandes eventos de la Navidad de Portugal: descubre los horarios y todos los detalles de la Fortaleza de Chocolate
Samir, dueño del Mimassa, convoca a una "gran fiesta" este domingo en la terraza de Areal para "brindar y levantar las banderas palestinas"
Garza aposta por reforzar a captación de alumnado e a proxección internacional da facultade - Foi elixida por maioría absoluta
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL