Gastronomía, música e deporte na Guarda para celebrar o centenario das Festas das Mercedes

Publicidad

A Gándara celebra do 14 ao 24 de setembro o Centenario das Festas das Mercedes cunha ampla programación de actividades nas que se inclúen eventos deportivos, gastronómicos e de lecer.

Nesta edición se cumpre o centenario da inauguración da capela adicada en advocación a Nosa Señora das Mercedes, polo que a comisión de festexos ten unha programación especial que xa comezou o pasado día 1 de setembro co X Torneo da Cachiza e que continúa este venres día 14 co Pregon das Festas a cargo de Beti Rey, actuacións musicais e a inauguración da Exposición sobre a Capela/Santuario das Mercedes.

Na xornada do sábado 15 terá lugar a terceira edición da Baixada de Carrilanas e pola noite o Serán Musical. O domingo 16 celebrarase a Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero e pola tarde poderemos gozar do concerto da Agrupación Musical da Guarda e unha representación teatral de "Os Melhores do Grupo".

No eido gastronómico, a programación celebra a Festa da Zorza, un evento de gran arraigo na zona e que congrega cada ano a numerosos comensais. Ademais, como novidade, o sábado 22 de setembro terá lugar un concurso degustación de repostería e tortillas.

Dende o luns 17 e ata o xoves 20 de setembro realizaranse diferentes actuacións musicais contando cos grupos Treboada Virxe do Alivio, Coiro Vello, Xamaraina, A Boalleira, Treboada Baixo Miño, Talent Latino Studio 88 ou Na Revolta.

Salir de la versión móvil