A plataforma de artistas musicais Grupos de Vigo en Loita denuncia que o Concello de Vigo incumpriu a súa promesa de organizar e celebrar un festival de rock de bandas viguesas e galegas. O alcalde, Abel Caballero, anunciou que este tería lugar na Porta do Sol os días previos ao concerto de Guns N Roses, celebrado este pasdo luns 12 de xuño en Balaídos. Porén, o evento de bandas locais nunca tivo lugar.
Grupos de Vigo en Loita lembra que “nunha reunión entre a plataforma e a concelleira de Xuventude a principios de 2022, a única reunión con alguén do Concello que se nos concedeu a pesar das nosas reiteradas peticións, María del Carmen Lago Barreiro prometeunos que habería bandas locais na programación de concertos do Concello ese verán”. Porén, “esa promesa, como o resto dos compromisos que adquiriu ese día, non se cumpriu, polo que o seguimos reivindicando ininterrumpidamente ata o día de hoxe, razón pola que entendemos que Abel Caballero fixo no seu momento a promesa de facer o Rock in Vigo”, sinalan.
“Que o festival non se fixese, polo tanto, tampouco nos colle de sorpresa, xa que as promesas que Caballero lles fai aos grupos de Vigo, como cando estivo meses anunciando falsas datas de reapertura de Vigosónico, son sempre papel mollado”, afondan dende a plataforma. Polo tanto, anuncian que seguirán “esixindo ao Concello que celebre o evento tal e como o prometeu”.
Grupos de Vigo en Loita anuncia que levará a cabo accións nas próximas semanas para continuar a reivindicar a celebración do festival de rock e en xeral a participación de bandas locais na programación musical do Concello.
El Samaín de Allariz confirma la programación con las actividades que este año protagonizarán la noche más terrorífica del año
El Mercado Reciclado vuelve a Vigo en noviembre con una edición especial. Celebran el tercer aniversario con múltiples actividades
Un proyecto gastronómico de Vigo celebra su aniversario con una noche especial. Convertirá su local en un trivial con barra libre de tortilla
El Samaín de Goián, el próximo 31 de octubre, contará con numerosas actividades. Habrá concursos, queimada, gastronomía y hasta una andaina
En el Consello de Goberno de la UVigo se ha aprobado la "expresión de interés" en la implantación de ese grado
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL