• Mercadona Vigo
  • Acoso Mercadona Vigo
  • Reno-taxis Vigo
  • Tiendas en Vigo
  • Obramat en Galicia
  • Navidad A Laxe
  • Vigo Jurásico
  • Ganador Petisquiño
  • Navidad Vialia Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Fiestas

A Guarda fomenta un “menú de entroido” en sete restaurantes do concello

A Guarda fomenta un “menú de entroido” en sete restaurantes do concello
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
29/01/2018

O Entroido é festa, troula e disfraces, pero tamén boa comida. Por isto, na Guarda as festas non se entenden sen unha boa oferta gastronómica. Con esta idea como punto de partida, sete restaurantes da vila ofrecerán un típico menú de Entroido cunha completa oferta de alimentos típicos.

O menú por persoa, que será de 18€, constará dun primeiro prato a elixir entre caldo ou empanada, un segundo prato composto por lacón con grelos, patacas e chourizo, e unhas sobremesas típicas destas festas: as filloas ou as orellas de entroido.

Másnoticias

Un conductor de ambulancia en O Porriño triplica la tasa de alcohol y se da a la fuga

Tres personas resultan heridas tras salirse de la carretera con el coche en Tomiño

17/11/2025
Más de 325.000 luces led y diferentes decorados, así es la casa más idílica por Navidad en A Guarda

Más de 325.000 luces led y diferentes decorados, así es la casa más idílica por Navidad en A Guarda

16/11/2025

Os restaurantes adheridos á iniciativa son: Arruaz, Camping Santa Tecla, La Pizzicata. Novo Funil, O Cangrexal, Xantar e Xeito. Recoméndase, con todo, reservar mesa previamente nos restaurantes para asegurar a dispoñibilidade do menú, do que poderán gozar todas aquelas persoas que gusten dos pratos típicos.

O Entroido comezará na Guarda a próxima semana e prolongarase durante 5 días cunha ampla programación de actividades e o tradicional desfile-concurso aberto á participación de todos os veciños e veciñas da vila.

O inicio das festas será o vindeiro venres 9 de febreiro co «Entroido dos coles». Nel, o alumnado dos centros de educación infantil e primaria da Guarda amosarán os disfraces elaborados manualmente para a ocasión, cun desfile que partirá da Alameda ás 12 h e percorrerá a rúa Galicia ata a coñecida como «esquina do Galo».

O 10 de febreiro será o «sábado de güateque» co concerto de Rockin’ Gina & the Sentinels na Alameda a partir das 23:30 h. Deseguido, a música retro tomará o paseo, coa actuación de DJ Guille ata ben entrada a madrugada. A música e o baile continuarán o 11 de febreiro co denominado «domingo das familias», no que contaremos coa actuación da orquestra Abanico na Alameda a partir das 18 h.

As cativas e cativos serán os protagonistas o luns, na festa infantil na que poderán gozar dun obradoiro de maquillaxe, xogos xigantes, un baile de disfraces con concurso e un carriño larpeiro de filloas, todo amenizado por unha discoteca móbil na Alameda dende as 18 h.

Martes de Entroido: día grande na Guarda

A gran festa dos disfraces chegará o Martes de Entroido, coa celebración do desfile-concurso no que poderán participar todos os veciños, veciñas e asociacións da vila. As bases contemplan ata cinco categorías diferentes de participación (carrozas, comparsas, grupos, individual-parellas tanto adulto coma infantil) na modalidade de concurso, cunha ampla variedade de premios.

Nesta liña, as 10 primeiras comparsas e carrozas que se inscriban recibirán unha axuda de 200€ como compensación polo traballo e esforzo realizado. As comparsas e carrozas concursarán por un primeiro e segundo premio (dotados de 250€ e 150€, respectivamente) e nas demais categorías repartiranse ata 18 recoñecementos entre os 6 mellor valorados en cada grupo, cun orzamento total de 1.070€. As persoas interesadas en participar poderán ampliar a información nas bases dispoñibles neste enlace e realizar as inscricións entre o 30 de xaneiro e o 6 de febreiro.

O desfile partirá ás 17:30 h da coñecida como «esquina Famosa» na rúa San Bernardo, para despois percorrer as rúas Porto Rico e Galicia ata chegar á Alameda, onde se darán a coñecer os gañadores en cada categoría do concurso.

Temas: A GuardaCarnaval 2018EntroidoEntroido 2018Lacón con grelosO Baixo Miño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo tendrá un 'universo jurásico' de 1.200 metros con dinosaurios en movimiento esta Navidad
Espectáculos

Vigo tendrá un 'universo jurásico' de 1.200 metros con dinosaurios en movimiento esta Navidad

Vigo tendrá un portal al Jurásico con más de 30 dinosaurios en movimiento. Una sorprendente atracción única en toda España que llega por Navidad

PorAlfredo Teja
17/11/2025
Vigo se erige ciudad del K-Pop con una de las nuevas voces del género en España, Tami Tamako
Espectáculos

Vigo se erige ciudad del K-Pop con una de las nuevas voces del género en España, Tami Tamako

Vigo Porté contará con la creadora japonesa-española como artista invitada en la presentación oficial de su próxima edición, el 29 de abril

PorCarlos I. Castrillón
17/11/2025
El PortAmérica confirma una nueva artista internacional con su único concierto en Galicia
Música

El mejor festival de las Rías Baixas desvela sus primeros cabezas de cartel: avance de PortAmérica

PortAmérica anuncia los primeros integrantes del cartel de una edición que tendrá lugar del 9 al 11 de julio: entradas ya a la venta

PorCarlos I. Castrillón
17/11/2025
A Laxe encenderá su Navidad con música, animación de fantasía y más para todo Vigo
Fiestas

A Laxe encenderá su Navidad con música, animación de fantasía y más para todo Vigo

El Centro Comercial A Laxe pone fecha a su particular encendido de Navidad. Un acto repleto de sorpresas y actuaciones gratis

PorAlfredo Teja
17/11/2025
Debut 2025 arranca a súa programación achegando formación a preto de 200 estudantes
Enfoque

Debut 2025 arranca a súa programación achegando formación a preto de 200 estudantes

PorCarlos I. Castrillón
17/11/2025

Desde este martes pode verse no Museo a colección realizada con Bimba y Lola e Palomo Spain

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X