A Guarda saborea "Petiscos con arte" nas fins de semana

Publicidad

Vigo e a súa área metropolitana son sempre unha festa gastronómica. Non hai tregua. Ademáis de Pinchorriño ou O Petisquiño, os 'foodies' e amantes do bo comer teñen unha nova cita en A Guarda. O concello do Baixo Miño organiza para as dúas últimas fins de semana deste mes o certame "Petiscos con Arte", un percorrido gastronómico no que cada establecemento ofrecerá unha tapa por un prezo de 1,50 euros.

A finalidade da ruta "Petiscos con arte" é promocionar a gastronomía e a arte en A Guarda, polo que as persoas participantes poderán degustar petiscos mentres contemplan as obras de pintura, escultura, e fotografía expostas nos establecementos.

O evento gastronómico "Petiscos con arte" consta dun total de 15 cafeterías e restaurantes guardeses e outros tantos artistas locais ou con vincuación ao concello de A Guarda. Este son a cafetería Alameda, con fotografías de Eva Peixoto; a cafetería Art Café, con fotografías de Carlos Pascual; a cafetería e tasca As Pozas, con exposición fotográfica de Iago Alonso; a vinoteca Avenida, cunha mostra pictórica de Elena Cividanes; a bocatería Brétema, con escultura de Carlos Carrera; o bar Cramoeiro, con pinturas de Silvia Represas; a cafetaría Kanella's, con fotografías de Eva García; a cervexaría La Casilla, cunha mostra pictórica de Lucía Baz; o restaurante La Pizzicata, con fotografías de José C. Castro; a bocatería Marella, coas pinturas de Naa Martínez; a cafetaría Novo Bar, con esculturas de Anxo Ferreira; o restaurante O Cangrexal, con pintura de Teresa Dorado; o bar Terra Verde, cunha exposición fotográfica de Anxo Vaquero; o restaurante Xantar, cunha mostra pictórica de Mercedes Doval; e o restaurante Xeito, con punturas de Charo Trigo.

Datas e horarios de "Petiscos con arte"

"Petiscos con arte" terá lugar os días 17, 18, 19, 24, 25 e 26 de novembro en horario de mañá (12:00 a 14:00 horas) e de tarde (18:00 a 21:00 horas).

Os comensales que degusten os petiscos entrarán no sorteo de cinco lotes de albariño Gran Novás.

Nesta ruta colabora a Adega Gran Novas, participante na Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que cederá 5 lotes de viño albariño para sortear entre os participantes na ruta que degusten o petisco e cumprimenten o boleto do sorteo.

Salir de la versión móvil