O Festival de Música e Cultura Emerxente Revoltallo, que se celebra esta fin de semana en Valladares, arrancará a súa XXIV edición coa innovadora sintonía do theremin no Auditorio do Centro Cultural de Valladares. Da man do Modulador de Ondas, a música encherá o festival a través de dous instrumentos, a guitarra e o theremin. Este último especialmente descoñecido, a pesares de ser inventado nos anos 20, que permite interpretar diferentes temas sen tocar o instrumento, simplemente achegándose as súas antenas metálicas con diferentes movementos.
https://www.youtube.com/watch?v=85Eg1fGp65Q
A actuación comezará ás 20:30 horas desta tarde de venres, e mesturará a música con proxeccións coma parte da linguaxe instrumental. A continuación, chegará o concerto espectáculo de ritmos internacionais “En Voga” do grupo Áureas. Cinco mulleres de catro nacionalidades diferentes encherán o escenario de arrecendo a mar coa súa historia da emigración. As historias máis nostálxicas que viaxarán connosco a través dos ritmos dos brasileiros, polacos, arxentinos e galegos dos anos 20.
O sábado, 23 de setembro, os espectáculos intercambiaranse entre a zona da Eira e o auditorio. No exterior, a tarde estará dedicada ao público infantil e familiar dende as 18:00 horas e até as 20:00 horas contos contados de Mai Lua, o Mago Keko e o Mago Tómico e máis o show de maxia e clown de Rambanepasi.
Ás 21:00 horas a música levaranos á New Orleans dos anos 30 co mellor jazz de Caramuxo Vermello e Xan Campos Trío.
Xa de volta á Leira, os concertos continuarán as 23:00 horas e até as tres da madrugada. Polo escenario achegarannos a escena máis gamberra os Ulträqäns, Oh Ayatollah!, Monolious Dop, Noite Fechada e o Dj Servilleta.
O domingo as actividades infantís e familiares continuarán cos títeres na túa casa (18:00h) Asacocirco (19:00h), o Mago Xulio Merino e Cía (20:00h) e unha demostración de esgrima antiga levada a cabo polo Club Falcata (18:30 horas).
O concerto de despedida desta edición irá a cargo do David Regueiro Trío e comezará no auditorio ás 20:30 horas. Podes consultar a programación completa aquí.