Leirado, en Salvaterra, acolle o desfile que unirá moda enxebre con tendencias modernas

Publicidad

A Casa da Cultura de Leirado, en Salvaterra, acollerá este sábado,19 de outubro, o Desfile de Moda e Traxe Tradicional organizado pola asociación cultural Ondiñas do Mendo. A cita, que arrancará ás 20:00 horas, contará coa participación de 22 persoas, que vestirán roupa actual cedida por nove tendas da contorna, principalmente de Ponteareas, así como traxes tradicionais.

As entradas teñen un custe de 3 euros (menores de 12 anos de balde) e pretenden cubrir os gastos desta asociación creada en 1984 co gallo de manter o folclore tradicional da contorna de Salvaterra. Hoxe, a asociación imparte grupos de baile, pandeireta e gaitas para continuar coa divulgación da música e o cante tradicional. Nestes anos ten recollido e conservado pezas de roupa e calzado tradicional. O evento permitirá polo tanto que esta asociación poida continuar recuperando e conservando a historia de Salvaterra, as súas costumes e a súa cultura. 

Ao longo da tarde haberá tamén música tradicional e “sorpresas” para os asistentes a este desfile que combinará a moda enxebre dos nosos devanceiros coas últimas tendencias da moda moderna.

MÁS OCIO EN VIGO Y SU ÁREA
Ir a la agenda completa >>> [stachethemes_ec view=agenda show_top=0 agenda_cal_display=0]
Salir de la versión móvil