María del Mar Blanco Moreno protagoniza a primeira experiencia do Sinsal Outono

Publicidad

O espirito e o selo do Sinsal tamén impregna o outono. O ciclo de actuacións para esta época do ano comeza este mércores 24 de outubro co recital que a profesora e concertista María del Mar Blanco Moreno ofrecerá na cámara semianecoica de Telecomunicacións en dúas sesións, 15:30 e 16:30. A cita, que será en colaboración coa Orquesta Clásica de Vigo, será unha experiencia única, escoitar a esta intérprete que, tanto no piano como no clave, como solidad ou formando parte de grupos de cámara, é unha virtuosa que tamén destaca no ámbito da música contemporánea.


É do teu interese: Consulta a programación completa do Sinsal Outono


A cámara semianecoica que albergará o concerto é un espazo deseñado e recuberto para absorber as ondas sonoras e electromagnéticas. Unha sala, na Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na que practicamente non hai eco nin reverberacións. Os músicos que até agora participaron nesta experiencia destacan o silencio, a percepción multiplicada e, polo tanto, o coidado e a adaptación que requeriu a actuación en directo.

María del Mar Blanco Moreno, nacida en Madrid en 1981, é na actualidade profesora de clave no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Para poder participar como público, os interesados deben inscribirse no correo electrónico info@sinsalaudio.org co asunto "Sesión María del Mar Blanco Moreno". O recital é de balde, pero a capacidade da sala é moi limitada.

Salir de la versión móvil